Alfonso Espiño

Músico, compositor, articulista e investigador de traxectoria internacional.

A súa carreira abrangue un amplo e destacado abano de disciplinas, anque todas xiran arredor da música. Multinstrumentista, a súa faceta como compositor durante máis de 20 anos levouno a publicar discos en
solitario coma Espiño Vol. 1 (2017) e a compartir escenario con infinidade de artistas, dende La La Brooks (cantante das míticas The Crystals) a The Quarrymen (banda que deu orixe a The Beatles).

Premio Galicia Creativa 2016 na categoría Pop/Rock, Espiño foi tamén seleccionado no 2018 para representar a Galicia no Festival SUNS Europe de Linguas Minorizadas celebrado en Italia.

Recentemente acaba de concluir o seu doutoramento en Historia da Arte coa tese Beat, pop e rock en Santiago de Compostela (1954-1978) . Un músico respectado e unha das voces investigadoras máis autorizadas da escena musical galega.

Pin It on Pinterest

200 Shares
Share200
Tweet
Share