Beli Martínez

Doutora en Comunicación Audiovisual é docente na Universidade de Vigo e no IES Audiovisual de Vigo.

A súa carreira como produtora inclúe as longametraxes Arraianos de Eloy Enciso, Vikingland de Xurxo Chirro e Jet Lag de Eloy Domínguez Serén e proxectos como Cinema e Muller, que visibiliza o traballo das cineastas galegas ou Proxecto Socheo.

Colabora como programadora e no deseño de actividades nos festivais de cine Play Doc e Curtocircuíto.

0 Shares

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share