Carlos Ares

Socio fundador en 1997 de ZOPILOTE S. L., produtora dedicada á elaboración de formatos televisivos.

É un dos creadores e guionista das series “Mareas Vivas” , “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, “O Nordés”, entre outras, e do programa de TVG “O Rei da Comedia”, así como de varios documentais “Labregos do Mar”, “Selección galega, 70 anos despois” ou “O último partido”.

É un dos creadores, produtor executivo, guionista e director de “Air Galicia”, premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2007, da serie “Era visto!”, Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2012 e 2013, e “Os Mariachi”.

Foi un dos premiados como mellor guión nos Premios AGAPI do ano 1997 e nos Mestre Mateo do 2003 e 2005. No ano 2017 foi ponente da Subcomisión do Congreso dos Deputados para a Creación do Estatuto do Artista. Entre 2011 e 2015 foi Presidente da Asociación Galega de Guionistas.

Desde 2015 é Presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Pin It on Pinterest