Tito Lesende

Colaborador pop rock.
Xornalista musical en radio, prensa e internet. Autor de tres libros; o máis recente, Revolver: el disco de los Beatles que revolucionó el rock (2016). Nos últimos 15 anos tivo varios programas e colaboracións na Radio Galega e publica contidos con asiduidade en Cuadernos Efe Eme, Vanity Fair ou Icon-El País. No seu currículo figuran seccións propias en Rolling Stone, Grazia, Revista 40, Cinemanía ou Diario 16, entre outras publicacións. Entrevistou a estrelas internacionais como Mark Knopfler, Scorpions ou Green Day, e coincidiu persoalmente en actos sociais con artistas tan importantes como Bon Jovi ou AC/DC. A súa traxectoria profesional especializouse na música pop-rock.

Programa especial polo concerto de Mark Knopfler

O Diario Cultural emite hoxe un programa especial dende o Coliseum da Coruña donde esta noite actuará o fundador dos ‘Dire Straits’, Mark Knopfler, coa súa xira mundial ‘Down the road wherever’.

Temos con nós ao noso colaborador Tito Lesende e a óscar Rosende da banda tributo a Knopfler.

Programa especial polo concerto de Bob Dylan

Programa especial do Diario Cultural dende o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela onde esta noite actúa Bob Dylan. Por iso temos un programa monográfico sobre o músico no que contamos co noso colaborador musical Tito Lesende e co músico Javi Pardo

Pin It on Pinterest