Destacados

Na procura da palabra do ano

Como cada ano, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié animan a participar na elección colectiva da Palabra do Ano 2020. No 2019 foi “Sentidiño”.

Podes facer a túa contribución a través de portaldaspalabras.gal

Antonio Murado

Rosario Sarmiento fálanos sobre a nova exposición de Antonio Murado, un dos pintores galegos máis internacionais.

Marilar Alexandre gaña o premio Blanco Amor de novela

Marilar Aleixandre faise co XXXIX Premio Eduardo Blanco Amor por “As malas mulleres”

Néboa presenta ‘A realidade enganosa’

A banda galega Néboa presenta o seu primeiro disco: ‘A realidade enganosa’.

Falamos con Lucas de Centi, un dos seus integrantes. 

Luís Davila: “O meu humor é o do Morrazo”

Luís Davila presenta ‘Bichero X’, o décimo libro da serie. O ilustrador toca todos os temas coñecidos neste 2020 onde, como non, o coronavirus ten unha especial importancia.

‘Camiño dos faros, lendas da Costa da Morte’

O escritor Rafael Lema presenta o seu novo libro: ‘Camiño dos faros, lendas da Costa da Morte’, no que repasa as mellores historias que podemos atopar entre as rochas e o mar nesta ruta. 

Culturgal 2020: “En caso de emerxencia, cultura”

Arranca no Pazo da Cultura de Pontevedra a 13ª edición do Culturgal, baixo o lema “En caso de emerxencia, cultural”. A programación poderá seguirse de maneira presencia e telemática, do 27 ao 29 de novembro. A CRTVG emitirá a través da páxina web algúns dos eventos. 

No Diario Cultural falamos con Xosé Aldea, director do Culturgal.

Berlai: “Vivir o confinamento no rural foi moito mellor”

Berlai, o proxecto musical de Xiao Berlai, retorna en tempos de coronavirus cun disco creado durante o confinamento, dispoñíbel a partir de hoxe. Chámase Cas Berlai en referencia ao lugar no que foi creado.

A violencia contra as mulleres no cancioneiro popular galego

A sala de exposicions do Pazo de San Marcos acolleu unha performance na que música tradicional danza contemporánea confluíron para chamar á reflexión sobre os mecanismos de normalización das violencias machistas e das desigualdades entre homes e mulleres.

No espectáculo, coordinado por Branca Villares, interpretáronse pezas do cancioneiro tradicional e popular que “poden supoñer apoloxia da violencia contra as  mulleres ou que dalgún xeito contribuén a perpetuala e a normalizala”.

 

‘Memorias dun neno labrego’ na composición de Aaron Siebert

O novo compositor galego, residente en Estados Unidos, Aaron Siebert, está de estrea coa súa obra sobre ‘Memorias dun neno labrego’ por parte da Real Filharmonia de Galicia.

Pin It on Pinterest