Destacados

Ciclo Vangal 2.0: música de vangarda no Museo do Pobo Galego

Comeza no Museo do Pobo Galego o Ciclo VANGAL 2.0 de música de vangarda.

Falamos con Marcos Gendre, comisario e membro do colectivo Ruido de Fondo. 

Os concertos que sobreviviron

Tito Lesende comenta os poucos concertos sobrevivintes das medidas anunciadas por mor da situación sanitaria derivada da covid-19.

Como viviu Lorca en Compostela?

Henrique Albarellos publica o libro ‘Federico García Lorca en Santiago de Compostela’, onde relata como foi a vida do célebre poeta na súa relación con Galicia.

A narración oral está moi viva no Festival Atlántica

Coma todos os anos, o Festival Atlántica de narración oral comezou o pasado mes de marzo, pero qudou a medias por causa do coronavirus. Agora están de volta con actuacións simultáneas en nove concellos. 

Falamos con Soledad Felloza, directora artística de Atlántica sobre esta 8ª edición. 

A historia vital e musical de Rogelio Groba en formato audiolibro

Un rapaz de aldea comeza a estudar música con 11 anos e chega a ser un dos músicos contemporáneos galegos máis importantes. 

A historia de Rogelio Groba, compositor, director, profesor de conservatorio… pódese coñecer a través dun audiolibro, ‘O neno Groba e a música’, escrito por Lidia Fraga, ilustrado por Julio Seijas e con voz do actor Luís Iglesia. 

Xosé Durán: ” ‘A raíña galega’ é a lingua”

O xornalista Xosé Durán presenta a súa novela ‘A raíña da lingua’.

Milladoiro, a banda sonora de Galicia, cumpre 40 anos

En 1980 saía o primeiro disco de Milladoiro. Dende aquela, 40 anos foron máis que suficientes para facer do seu son a banda sonora de Galicia. 

Recordamos este aniversario coa súa música e falando con Xosé Ferreirós, un dos seus membros. 

Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego

A aldea gala segue viva, e xa se pode escoitar en galego as voces de Astérix, Obélix e os terribles cantos de Asurancetúrix grazas ao audiolibro O Menhir de Ouro, unha historia orixinal de Rene Goscinny e Albert Uderzo que pon de manifesto o seu interese por investigar máis aló dos límites da viñeta.

Neste traballo de reedición impulsado por Edicións Xerais conta coas excepcionais voces dun grande elenco de actores como Xerardo Couto, Tacho González, Anton Rubal e outros secundarios con música orixinal e efectos sonoros feitos á medida.

A nova aventura dos irredutibles galos xa está nas librarías de Galicia. Como recordarán a súa versión orixinal est en francés e agora dase a coñecer o traballo de traducció ao galego feiro por Xavier Senín e Isabel Soto.
 

Especial Grupo Nós, o comezo de todo

Ana Romaní elabora un especial para conmemorar á Xeración Nós

Xa temos canción gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020!

Ferrol 1916, da banda Clásicos Libres é a gañadora do Musicando Carvalho Calero 2020. 

Falamos con Miguel Penas de AGAL e María Solar, coordinadora de cultura da CRTVG. Os dous destacaron a calidade das propostas presentadas.

Por parte de Clásicos Libre, puidemos falar con Ánxela Arias López, que acababa de enterarse de que resultaran gañadores. 

 

Pin It on Pinterest