Destacados

Vertixe Sonora e Javier Martín presentan ‘Brumario’ no Colón

O espectáculo, baseado na retroalimentación entre movementos e sons prodúcese porque o bailarín leva un sistema de microfonía que funciona como sensor da acción que os instrumentos amplifican e modifican mediante altofalantes de vibración. Estes elementos, e a manipulación dos instrumentos por parte dos intérpretes, permiten xerar sons orixinais froito da interacción. Instrumentos, músicos e bailaríns acaban converténdose, todos eles, nun corpo ampliado que emite e recibe vibracións ata o punto de rozar un estado de absoluta meditación.
 
O concerto performativo preséntase o bado 24 de outubro ás 20.30 h no Teatro Colón, na Coruña, con Pablo Coello (saxofón), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión), Ignacio Barcia e Ramón Souto (dispositivos sonoros) e Javier Martín (movemento e dirección escénica). A dirección musical é de Ramón Souto e a iluminación de Octavio Mas.

Celeste Garrido: “É inevitable separar o sangue da muller”

Celeste Garrido estre a exposición “Os teus ollos din o que a boca cala” no museo MARCO de Vigo.

A compañía Malasombra Teatro ten que adiar a presentación da súa nova obra ‘SÓS’

Malasombra Teatro ía presenta ‘SÓS’ en Ribeira este venres, pero quedou adiada ao 6 de decembro polas restricións da Covid. 

Falamos con Xoque Carvajal, director da compañía, sobre ‘SÓS’, ‘A tartaruga Manola’ e ‘Bernarda’, as obras que teñen en escena. 

A súa obra máis recente, ‘SÓS’, é unha reflexión cómica e dramática sobre a vellez, a convivencia e a soidade das persoas maiores. Os protagonistas son Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados a compartir piso. 

Miguel Matamoro, un pianista vigués que publicará un disco nos Estados Unidos

Falamos con Miguel Matamoro, un pianista de Vigo que publicara un disco nos Estados Unidos. Escoitamos o seu adiante ‘Brétema’.

Unha mostra variada dos premiados nos Martin Codax da Música

Onte celebráronse os premios Martín Codax da Música Galega con moita música en directo no Pazo da Cultura de Pontevedra e retransmisión por streaming. 

Son moitos os galardoados nestes premios da música galega e non podíamos telos a todos no programa de hoxe, polo que traemos unha mostra dalgúns dos gañadores.

Comezamos coa Banda de Música de Merza, que estreou a categoría de Mellor Banda.

Falamos con Laura Lamontagne, da categoría de música urbana.

Tamén estivemos con Taller Atlántico Contemporáneo, da categoría de música clásica e contemporánea.

E por último, con High Paw, da categoría ska e mestizaxe. 

A Panadaría: “O 75% das mulleres lesbianas non o din no seu traballo por medo a consecuencias”

Falamos coa compañía de teatro A Panadaría, que ven de gañar o premio Begoña Caamaño pola súa adaptación de Elisa e Marcela.

Unha cadeira de castiñeiro e un colgante de escornabois son os gañadores do Antón Fraguas de artesanía

Os premios Antón Fraguas de artesanía recoñecen os traballos de dous artesáns con moita traxectoria: Frank Bushmann na categoría tradicional e Rodrigo Riveiro na categoría contemporánea.

O xoieiro Riveiro foi recoñecido polo seu proxecto “Ferraxe de prata”, cun escornabois elaborado con prata de lei, madeira e louza. Pola súa banda, ao ebanista Buschmann, de orixe alemá e afincado en Corcubión, foille recoñecida unha cadeira elaborada con castiñeiro galego. 

Antonio Piñeiro: “Os premios son un piar na cultura galega”

Conversamos co escritor Antonio Piñeiro, autor da galadoada novela ‘Celada’.

‘Subnormal: unha historia de acoso escolar’: das viñetas á gran pantalla grazas a unha produtora galega

Martín VázqueZ Baño é o produtor executivo de EP Audiovisual, unha produtora galega que levará á gran pantalla as viñetas de ‘Subnormal: unha historia de acoso escolar’. 

A dura historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, vítima de acoso escolar na súa infancia, protagoniza o cómic de Miguel Porto e Fernando Llor, recén chegado ás librerías. 

Martín Vázquez, amigo dos autores, foi o primeiro en ler o guión do cómic e saber que alí había tamén unha historia para levar ao cine, con actores reais. Comezarán a rodar en 2022 con localizacións en Getxo (lugar de nacemento de Zubizarreta) e Galicia.

Novedades Carminha: “De actitude seguimos sendo igual de punkis”

Falamos con Novedades Carminha logo de que colleitaran 3 premios da Música Independente, entre o que están mellor disco de pop e mellor directo.

Pin It on Pinterest