Destacados

Alfonso Espiño, xurado do Musicando Carvalho Calero: “Hai de todo, dende trap a rock progresivo e música de autora”

Seguimos entrevistando aos membros do xurado do Musicando Carvalho Calero, encargados de preseleccionar 10 cancións entre máis de 80 participantes.

Desta vez falamos con Alfonso Espiño, músico compostelán e colaborador da Radio Galega, que destaca a gran variedade de ritmos e adaptacións musicais: “desde o trap ata o rock progresivo e a música de autora”. 

Paula Cons: “O público galego é moi agradecido coas súas producións”

Paula Cons conta a súas impresións sobre como se está a recibir a súa película ‘A illa das mentiras’ nos cines tras a súa anterior estrea en Filmin.

O mundo do porvir: unhas xornadas do Consello da Cultura Galega arredor de Concepción Arenal

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as Xornadas “O Mundo do Porvir: Bicentenario do Nacemento de Concepción Arenal Ponte”. Terán lugar en diversas localidades nas próximas semanas.

O ciclo continúa no Ateneo de Ferrol este venres ás 18h con “Amor, educación e igualdade para o progreso”, que contará con María Xosé Porteiro, Celia Pereira Porto, Ana Romero Masiá e África López Souto.

No Diario Cultural falamos con Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada e membro da Sección de Pensamento do CCG. 

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía: “Este premio é da cultura, da lingua e de todos os nosos escritores e escritoras”

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía co poemario Feliz Idade, pulicado en Faktoría K de Kalandraka.

É o segundo recoñecemento que recibe, logo do recente Premio Nacional da Crítica Española. O xurado destacou que se trata dun “relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”, relacionando “a maternidade e a morte cunha fonda presenza crítica da memoria histórica”. 

Este premio é da cultura, da lingua e de todos os nosos escritores e escritoras.

Verto: “O noso novo traballo soará a anos 80”

Un dos compoñentes de Verto fálanos sobre o seu novo traballo, aínda que non lle poñen data. Esta banda é unha das grandes sorpresas da música galega neste 2020.

‘A xente 2.0’: María Vázquez e Víctor Duplá estrean unha experiencia grupal no FIOT

Continúa a programación do FIOT En Pausa. O venres 16 de outubro estréase en Carballo A xente 2.0, unha asemblea, unha experiencia grupal, dirixida e interpretada por María Vázquez e Víctor Duplá.

A xente implícase, a xente quéixase, a xente participa, a xente escoita, a xente pensa noutra xente… Todo isto fai a xente e poderá facer o público tamén, peza esencial deste traballo, que aposta polo contacto directo cos espectadores. 

A xente 2.0 é o primeiro traballo de Amorodo Producións, a nova compañía que Vázquez e Duplá acaban de poñer en pé. 

Falamos con María Vázquez, actriz, directora e produtora, sobre as alegrías e dificultades de levar adiante este proxecto no medio dunha pandemia. 

Estas son as cancións finalistas do ‘Musicando Carvalho Calero’

Estas son as cancións finalistas do ‘Musicando Carvalho Calero’. 10 bandas galegas de estilos moi hetereoxéneos mostran como a poesía do autor pode ser renovada aos sons actuais.

Iulius 13: a primeira plataforma de música clásica en liña de España

Alfredo Gómez e a súa muller, a pianista Liudmila Shevyakova, xuntáronse con Germán Guntín para artellar desde Lugo Iulius 13, unha plataforma pioneira en España, que ofrece concertos de música clásica en alta definición e coa mellor calidade de son.

Comezaron con probas durante o confinamento e agora xa teñen un programa completo de concertos en streaming, que mesmo permite aos usuarios comunicarse cos artistas mediante un chat de whatsapp. 

Un dos músicos que pasou por Iulius 13 é Pablo Rodríguez, guitarrista clásico, que ofreceu o pasado venres o seu primeiro concerto neste formato. 

O seguinte será o 8 de novembro, onde a agrupación Volando libre volve co seu repertorio Ave Fénix. O prezo dos concertos é de 7,50€. 

Así traballan os conservadores arqueolóxicos

Facemos unha achega ao oficio do conservador e restaurador arqueolóxico con motivo do Día Europeo da Conservación-Restauración

Os médicos do Patrimonio

Mario César Vila traenos como cada dúas semanas a actualidade sombre os traballos de campo en materia de arqueoloxía.

Pin It on Pinterest