Destacados

Ataque Escampe publican ‘A alma’

Ataque Escampe publican ‘A alma’. Unha nova procura no musical para cancións con ‘corpos perdidos, vagando ou flotando’ segundo nos conta Miguel Mosqueira. O novo disco presenta a unha formación que se estreará en directo o 28 de decembro.  

Brais Sánchez presenta ‘Momboi’, e que se estrea co disco curto ‘Ofrenda’

Brais Sánchez presenta ‘Momboi’ unha nova formación que homenaxea no nome a Caléxico e que se estrea co disco curto ‘Ofrenda’ que soará este decembro en directo en Ourense (venres 13) e Noia (sábado 21).

Bieito Romero publica o libro “Simboloxía máxica de Galicia”

Bieito Romero publica o libro “Simboloxía máxica de Galicia”: unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento ós máis inospeitados recunchos de Galicia. 

O Diario Cultural desprázase a Padrón para estar no 30 aniversario do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela

O Diario Cultural desprázase a Padrón para estar no 30 aniversario do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. 

A entrevista da coordinadora de Cultura 365, María Solar, ao fillo do escritor; un faladoiro con expertos sobre a figura de Cela e unha conversa co ex director da Real Academia Española Darío Villanueva. Iso e máis, neste especial do Diario Cultural. 

Comeza a cuarta edición de Novos Cinemas en Pontevedra

Comeza a cuarta edición de Novos Cinemas. O festival de Pontevedra será punto de encontro para o sector audiovisual, espazo de formación e de presentación de primeiras e segundas longametraxes. Para a inauguración e a clausura filmes do ano en Galicia: Arima e Longa Noite.

O músico Narci Rodríguez preséntanos o seu novo traballo: “Reflexións”

O músico Narci Rodríguez preséntanos o seu novo traballo: “Reflexións”, que estreará oficialmente a partir do 18 deste mes. 

O investigador pontevedrés Diego Piay o ensaio ‘María Vinyals. A muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra cun castelo’

O investigador pontevedrés Diego Piay publica con Alvarellos o ensaio ‘María Vinyals. A muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra cun castelo’. A descuberta dunha apaixonante historia vital e familiar ao abeiro do Castelo de Soutomaior.

O vigués Marcos de la Fuente organiza en Nova Iorque, cada segundo domingo do mes, unha sesión de micrófono aberto de acción poética para calquera idioma

O vigués Marcos de la Fuente, xunto á artista visual Vanesa Álvarez, organiza en Manhattan, cada segundo domingo do mes, unha sesión de micrófono aberto de acción poética para calquera idioma, entre eles o galego. 

A nova proposta de Víctor García, Death Whistle, inaugura o Fanzine Fest da Coruña

 

Victor García é o creador das bandas sonoras dos premiados filmes de animación de Alberto Vázquez con quen tamén asinou o videoxogo ‘Microbian’ do que levan máis de 450 mil descargas.
O festival de música electrónica experimental e de vangarda  ‘Fanzine Fest’ celébrase ata o sábado en diferentes espazos da Coruña.

 

Silvia García inaugura “‘Rastro material. Aprender do arquivo”

A artista Silvia García inaugura no Museo Pazo de Tor unha exposición camuflada con libros, obxectos, papeis… do seu arquivo persoal.

Dende hoxe ata o 26 de xaneiro a Rede Museística de Lugo presenta ‘Rastro material. Aprender do arquivo (Notas para a construción dun arquivo de Ephemera)’.

Pin It on Pinterest