Destacados

Coñecemos o cartaz do VilaBlues

En Vilagarcía de Arousa, do 19 ao 21 de xullo, temos unha cita co Festival VilaBlues.

Estudio 3 e Radio Galega Música son programa e emisora oficial.

Coñecemos todos os detalles e o cartza da man do seu promotor Gumersindo Meijón.

Comeza o encontro de narración oral ‘Sete Falares’

Comeza a oitava edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias de Pontevedra, con historias das dúas beiras do Atlántico. Neste Diario Cultural falamos con Tareixa Alonso, da compañía Pavís Pavós, organizadora e participante do evento. Tamén escoitamos a Cándido Pazó, contador e dramaturgo; e a Carolina Rueda, contadora de historias.

Estamos perdendo o costume de escoitar contos? Os máis pequenos da casa descobren a maxia de comezar a escoitar unha historia e que o mundo ao teu arredor desapareza. Non hai nada máis forte que o poder dunha historia.

Sergio Pazos é o inspector Viñas en ‘Auga Seca’

Neste ‘Diario Cultural’ falamos co actor galego Sergio Pazos sobre a nova serie de ficción da TVG.

‘AUGA SECA’ tratase da segunda coprodución entre a TVG e a Radio Televisión Pública de Portugal tras o éxito de ‘Vidago Palace’ en 2017 e conta coas mesmas productoras, a galega Portocabo, en colaboración coa portuguesa SP-i.

‘Auga seca’, é un thriller de seis capítulos ambientado entre Vigo e Lisboa, e conta a historia de Teresa, interpretada pola actriz portuguesa Victoria Guerra, unha muller que decide infiltrarse nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán. Unha trama que xirara ao redor da brigada de tráfico de armas e crimen organizado que dirixe o inspector Viñas ao que interpreta Sergio Pazos.

Como será a próxima edición do Festival de Ortigueira?

Esta mañá preséntase a programación completa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2019. Neste Diario Cultural descubrimos todos os detalles desta nova edición.

Radio Galega Música volverá retransmitir o Festival de Ortigueira e emitirase un ‘Lume na Palleira’ especial desde o Teatro da Beneficencia. Hoxe falamos con Alberto Balboa, coordinador deste festival.

Ortigueira é un festival arraigado ao seu pobo e conectado con músicos internacionais. Un proxecto que naceu a finais da década dos 70, moito antes de que aparecera a gran burbulla dos festivais de moda.

A esencia de Ortigueira está na música tradicional, pero tamén nos elementos de experimentación. Música, entorno e veciñanza son elementos que conflúen neste recuncho de Galicia, o único lugar do mundo onde tería sentido celebrar este festival. 

Coñecemos a Container Galicia

Programa especial sobre música contemporánea co noso colaborador Luis Miguel Crespo.

A palabra contemporánea úsase para designar aquelas composicións ou aqueles movementos artísticos musicais que foron nacendo nos últimos anos, e hoxe coñecemos o proxecto Container, que é unha plataforma internacional que realiza actividades en América e Europa, sempre propoñendo nos seus programas a máis nova creación e experimentación visual e sonora.

Container Galicia nace co propósito de aportar á escena musical galega sistemas de produción e intercambio artísticos que xeren contextos propicios para a creación de novas estéticas musicais. Os seus compoñentes son: Sara Méndez, saxofonista natural de Sober; Pablo Paz, percusionista de Pontevedra; a pianista María Domínguez, de Ourense; e o compositor e artista multimedia vigués Pedro González.

Comeza a terceira temporada do proxecto Sesións Destelo

Comeza a terceira temporada do proxecto Sesións Destelo, que recolle en vídeo sesións acústicas de grupos galegos. Neste Diario Cultural falamos coa persoa que está detrás desta iniciativa, Miguel Grandío. Tamén escoitamos a Martiño, saxofonista do grupo Mascarpone. Este venres estréase a Sesión Destelo dedicada a eles.

Por que estamos máis enterados da música que se grava nos Estados Unidos que da galega? Así naceu o Traballo de Fin de Grao de Miguel Grandío. Unha iniciativa cultural que hoxe é unha gran canle de difusión da música que se fai en galego no país.

‘El primer loco’ de Rosalía de Castro


‘El primer loco’ é a derradeira novela de Rosalía de Castro e editora Albarellos ven de publicar unha edición facsimilar e ilustrada desta obra que conta con ensaio previo de María do Cebreiro e Germán Labrador, especialistas da obra de Rosalía de Castro.

Falamos con Henrique Alvarellos, editor do libro, e con María do Cebreiro. 

 


 

Descubrimos a banda deseñada nas ‘Viñetas desde o Atlántico’

Descubrimos as últimas novidades en banda deseñada con Viñetas desde o Atlántico. Neste Diario Cultural falamos con Miguel Anxo Prado. Os autores emerxentes serán os protagonistas deste festival.

Comeza a Mostra de Cinema Periférico na Coruña

Comeza o Festival S8, a décima edición da Mostra de Cinema Periférico, na Coruña. Neste Diario Cultural falamos con seu director, Ángel Rueda.

“Que vai pasar se non conservamos o patrimonio? Que vai pasar se non conservamos o cinema que é a nosa memoria máis recente?”, pregúntase o director.

Un diálogo entre os creadores galegos e os internacionais, unha aposta pola recuperación dos formatos más antigos e unha volta á esencia do cinema. Así naceu este festival que, un ano máis, chega á cidade herculina.

Nunha época en que vivimos a gran velocidade a almacenamos centos de imaxes no noso teléfono móbil, esta mostra pon en valor a importancia da cultura da mirada, do desfrute de cada imaxe e a serenidade da sala de proxección, lonxe da industrialización do cinema.

‘Amarelo’ é o novo disco de Davide Salgado

Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.

Pin It on Pinterest