Destacados

Os monicreques volven tomar Redondela

Redondela acolle ata o 21 de maio a vixésimo cuarta edición do seu Festival Internacional de Títeres Memorial Juanjo Amoedo. Nesta ocasión visitan a vila compañías de monicreques de Andalucía, Cataluña, Italia, Francia, o Brasil ou os Estados Unidos. O festival ofrece programación de sala no Auditorio da Xunqueira e espectáculos de rúa. 

A Asociación Évame Oroza celebra o centenario de Carlos Oroza

“Seguramente foi o mellor poeta oral do século XX”, dinos Javier Romero, director da Asociación Cultural Évame Oroza. 

Os premios Martín Codax da música xa teñen finalistas

Repasamos as diferentes categorías dos Martín Codax con Sheila Patricia e Patty Castro, da directiva da asociación Músicas ao Vivo. Coñecemos a Carabela, candidatos na categoría de electrónica e a Quico Comesaña, un dos finalistas na modalidade de folk. A gala dos premios desenvolverase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra.

“O que primamos é a calidade artística”

Alberto Vázquez é un dos directores de Imaxinaria. O I Festival Internacional de Animación revisita a obra de Lotte Reiniger Isabel Herguera.

A galega Pilar Cagiao ingresa na Academia Cubana de Historia

Conversamos coa historiadora Pilar Cagiao Vila horas despois de ser investida como académica correspondente pola Academia Cubana de Historia. É a primeira galega en obter esta condición, que recoñece a súa longa traxectoria nos estudos migratorios e na investigación das relacións diplomáticas e culturais entre as dúas beiras do Atlántico. 

Lugo acolle a terceira edición do encontro Celme da Zanfona

Tres días de conferencias, clases maxistrais e concertos ao redor da zanfona, do 12 ao 14 de maio no Centro de Artesanía e o Auditorio do Vello Cárcere. Esta terceira edición de ‘Celme da Zanfona’ reúne músicos e investigadores como Germán Díaz, Efrén López, Pablo Pascual, Suso Vaamonde, Miro Casabella, David Bellas, Iván Abal Pulleiro, Vítor Soto ou Xosé Luis Rivas Cruz.

“O cinema experimental é un reduto onde os creadores non teñen límites”

Preto de 180 pezas fílmicas de 12 países na XIV Mostra de Cinema Periférico que dedica focos a Anthony McCall e Barbara Sternberg

Literatura e ilustración galega en Bos Aires

Conversamos con dous dos integrantes da delegación galega na feira do libro de Bos Aires, un dos eventos editoriais máis importantes de Latinoamérica. A escritora Arantza Portabales segue abrindo camiños internacionais para a súa última novela policial, O home que matou a Antía Morgade. O ilustrador Alberto Guitián presenta na Arxentina a segunda edición da Guía ninja do ilustrador, un manual para defender os dereitos dos profesionais creativos, impulsado pola Asociación Galega e Profesionais da Ilustración

‘Palabra e memoria’, despedirse da vida en galego

Chega a Lourenzá a mostra ‘Palabra e memoria’, unha antoloxía fotográfica de epitafios en galego dos concellos de Burela, O Valadouro e O Vicedo. Pode visitarse ata o mes de xuño na Escola de Arroxo de Vilanova de Lourenzá, o lugar de nacemento do homenaxeado das Letras Galegas, Francisco del Riego.

Roxín Roxal, unha lenda medieval convertida en BD xuvenil

Roxín Roxal. A daga do conde gañou recentemente o premio Follas Novas á mellor banda deseñada publicada en Galicia no ano 2022. Conversamos cos seus autores, o debuxante Brais Fierro e o guionista Manel Cráneo, sobre este cómic para público infantil e xuvenil inspirado por unha lenda medieval que nos transporta ás terras do Eume. 

Pin It on Pinterest