Destacados

Xogos e música no Salón do Libro

Xogos e música no Salón do Libro

Et Suseia Danza estrea ‘O que non se ve’

‘O que non se ve‘ une baile tradicional galego e danza contemporánea para retratar a loita das mulleres. Iria Portos e Iria Calvar son as bailarinas en escena desta peza coreografiada por Diego Landín, Erick Pegueros e Gustavo Couto. Conversamos con Gustavo Couto e Cristina Cotilla, que lle poñen música en directo ao espectáculo. 

Moura, un dos grupos desta edición do FIV Vilalba

Comeza o festival FIV de Vilalba, que nesta edición reúne a música de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Carlangas ou Moura, o grupo co que conversamos. 

‘Fatum’, un thriller coa paternidade no centro

 

Conversamos con Luís Tosar, protagonista de Fatum, un thriller no que as emocións e os dilemas morais da paternidade son o motor da trama a partir dun atraco con reféns. É a primeira longametraxe de ficción dirixida por Juan Galiñanes, e ten  no elenco a Álex García, Arón Piper, Elena Anaya, Ricardo de Barreiro ou Isabel Naveira. O 28 de novembro chega aos cines esta nova produción de Vaca Films, participada pola Televisión de Galicia e rodada na cidade da Coruña. 

 

O trío Aine recupera compositores do Rexurdimento no proxecto Metamorfoses

Conversamos con Uxía Bolaño Amigo e Javier Ares Espiño, integrantes do trío Aine, sobre o proxecto Metamorfoses. O venres 28 de abril estrean na Coruña este concerto, con obras de Antón Alcalde inspiradas en compositores do Rexurdimento como Xoán Montes e Pascual Veiga. 

 

 

Lydia Cacho, Edicións do Castro e Numax, premios Follas Novas de Honra

O sábado 22 de abril os premios Follas Novas recoñecen o mellor da produción literaria e editorial de 2022. A gala do libro galego entrega tamén tres premios de honra, á escritora e xornalista mexicana Lydia Cacho,  a histórica editora Edicións do Castro, creada por Isaac Díaz Pardo en 1963 dentro do proxecto do Laboratorio de Formas e mais á Libraría Numax, de Santiago de Compostela. 

‘Libros para xogar’, no Salón do Libro de Pontevedra

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil desenvolve a súa vixésimo cuarta edición ata o 7 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Co xogo como fío condutor, o Salón homenaxeará o escritor e profesor Manuel Lourenzo e acollerá máis de 300 actividades. 

 

 

Barómetro da Cultura Galega 2023

 

Debullamos este informe que recolle as impresións das entidades do sector cultural galego sobre o ano 2022, con atención á situación económica xeral, ao Xacobeo ou aos fondos Next Generation, en conversa con Hakan Casares, responsable do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura. 

 

Pin It on Pinterest