Destacados
Segunda edición dos Premios Mulleres no Foco
A iniciativa recoñece o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais
Segunda edición do Festival de Filosofía de Galicia
Sensoxenoma 22: pode a música sanarnos?
Roda o balón nos teatros galegos
O próximo partido da temporada non se xoga en ningún estadio nin campo de terra. Xógase nos teatros. ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ é a nova produción do Centro Dramático Galego e Ainé, dirixida por Tito Asorey e baseada nunha investigación de Nacho Carretero. O xornalista, que moi pronto publicará o libro, afonda aquí nas luces e nas sombras do fútbol e o seu negocio. No que pasa no campo, pero tamén nos palcos dos grandes estadios.
A estrea é no Salón Teatro de Santiago, onde estará ata o 23 de outubro, para entón comezar unha xira polos mellores teatros, ou campos, de Galicia ata febreiro. ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ é unha obra sobre fútbol pero non só. Carretero e o actor Christian Escuredo pasaron polo Diario cultural e aseguran que fará saltar da cadeira os afeccionados e non tanto.
A escritora María Rosa Lojo ingresa na Real Academia Galega
A nova académica de honra, unha das figuras máis recoñecidas das letras arxentinas contemporáneas, titulo o seu discurso Unha galega filla en Buenos Aires.
Así nacen as ilustracións de Xosé Tomás
Nace o colectivo fotográfico OLLO
Un grupo de fotoxornalistas galegos acaban de unirse baixo o nome de colectivo Ollo Photo para contar Galicia a través de imaxes. Son Óscar Corral, Paula Quiroga, Vanessa Casteleiro, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal e Adra Pallón. Pero tamén xestores culturais como Sara García e Daniel Lázare e unha editora, Sabela Eiriz. Todo para contar historias a través da imaxe e chegar máis alá dos medios tradicionais.
Xa se estrearon cunha reportaxe sobre os lumes na Revista 5W, e proximamente veremos máis pezas nos medios asinadas polo Colectivo Ollo Photo.
Comeza o ‘Desembarco Chévere’
Un percorrido polos cen anos de edición moderna en Galicia
A Asociación Galega de Editoras organiza o XIX Simposio O libro e a lectura, que este ano fai un percorrido pola historia da edición moderna en Galicia. Henrique Alvarellos, presidente da entidade, fálanos do evento, e Encarna Otero, dános un par de pinceladas máis acerca de figuras como Ánxel Casal ou María Miramontes.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- 221
- Seguinte ›