Destacados

Chuches Amil presenta ‘Monstros con ou sen consentimento’

Trátase dun libro-disco editado por Galaxia con cancións e contos para os máis pequenos.

Budiño presenta o seu novo traballo ‘Fulgor’

Budiño presenta o disco ‘Fulgor’ nas ondas da Radio Galega. Budiño sempre foi un gran músico, gaiteiro e compositor, pero agora decide chegar máis alá e neste sétimo traballo podemos escoitar a súa voz.

“Neste disco desfrutei do camiño, da súa elaboración, de atoparme cunha folla en branco e comezar a buscar”, conta Budiño.

Para descubrir a súa faceta de cantante, Budiño buscou a soidade, atoparse con el mesmo e non crear expectativas sobre o resultado. Ninguén podía esperar que a súa voz sería a protagonista deste novo disco.

Pouco a pouco, os borradores das cancións convertéronse en melodía e letras. Un mundo descoñecido do que naceu este disco ‘Fulgor’.

Tecor Societario chega ao mundo do folk rock

O novo grupo presentan o seu primeiro EP. Nel toca xente de bandas anteriores como Retobato, Arenga ou Quempallou.

A compañía Kukas celebra o seu 40 aniversario

A histórica compañía de títeres Kukas fai corenta anos neste 2019. Falamos con eles sobre a historia dos monicreques en Galicia e a nova montaxe que estrearán o 28 de mazo, ‘Arlequina’.

As primeiras interpretacións da compañía foron unha reivindicación do uso do galego e a defensa da cultura propia. Durante todas estas décadas, a compañía foi un espazo de crítica sobre temas de actualidade.

As marionetas combinan diferentes facetas artísticas. Todas elas crean unha arte viva de achegamento directo co público.

“Teñen literatura, cando escribes, tamén a plástica e a escultura ao construír a escenografía, e o teatro na representación.”, asegura Marcelino de Santiago, ‘Kukas’.

“Recordo anécdotas moi boas dos inicios”, conta Isabel Rey nas ondas da Radio Galega.

A primeira montaxe da compañía Kukas xa era feminista e toda en galego, un feito moi anovador nesa época, recordan os fundadores.

Recital de Belén Senín: un bestiario

A poeta de Pontecesures acaba de publicar na antoloxía ‘Dentes para a mazá’ e nas revistas ‘Dorna’ e ‘Ligeia’. De canción de despedida escolle ‘A vitoria’, de Ataque Escampe.

Viaxeiaras ao tren! Conversas nas estacións da Coruña e Pontevedra con Thee Blind Crows

Thee Blind Crows suma un baixista e estrea disco e directo co título de ‘Death awaits us all’. Celebrarán unha festa o 2 de febreiro dende o mediodía á noite na Coruña.

Chega, un ano máis, o Celtic Connections de Glasgow

Comeza un dos eventos musicais de sons celtas máis potentes a nivel mundial. Desenvolverase dende o 17 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

O documental ‘Pedrón do Freixo’ proxéctase no Teatro Colón da Coruña

Mañá proxéctase no Teatro Colón da Coruña o documental ‘Pedrón do Freixo’, de Ángel Cordero. Un documental baseado na vida e historia de José María Tojeiro Pita, ‘Pedrón’, que viviu toda a súa vida no Freixo, nas Pontes. Unha historia individual que representa a de moitas outras persoas en Galicia.

“A mirada de Pedrón mentres vía esta peza era para facer outro documental”, conta Ángel Cordero, quen valorou a forma na que Pedrón fixo positivo o entorno no que vivía para el mesmo e para os demais, un heroe da súa terra.

Tamén chega a terceira edición do #PequeFilmes. Neste espazo cultural da Radio Galega falamos con Jorge Rivero, coordinador do proxecto.

“Temos un obradoiro para construír un proxector de cine caseiro que funciona cun móbil e cunha caixa de zapatos”, explica.

O teatro de Valle-Inclán e Shakespeare chega a Galicia

Neste espazo cultural con Paula Riveiro falamos de teatro, de dúas representacións teatrais desta fin de semana.

Por un lado, a obra ‘Da avaricia, a luxuria e a morte’, unha representación de Teatro do Noroeste feita a partir de textos de Valle- Inclán. Represéntase hoxe e mañá no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 20:30 h.

Un espectáculo teatral que fala dos pecados capitais. Textos escritos noutra época, pero que conectan de forma única coa realidade actual. Un dos temas tratados é a reivindicación da muller e o dereito a decidir sobre o seu propio corpo.

Tres obras de Valle-Inclán que parten da avaricia e a luxuria como un camiño que remata de forma inevitable na morte.

Tamén coñecemos máis sobre ‘Macbeth. O ruido e a furia’, unha adaptación da obra de Shakespeare feita por Estudo Momento. Estréase mañá, venres 25, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Falamos con Iria Ares e Carlos Mejuto, actores e directores do espectáculo.

Unha viaxe á chaira escocesa, unha Escocia que ten moito que ver coa nosa Galicia. Paisaxes compartidas onde medran paixóns e historias únicas creadas polo gran Shakespeare.

Aínda que transcorra o tempo, as paixóns das que falaba Shakespeare non cambian porque “a esencia das paixóns humanas non varía”, contan os directores.

“A ambición desmedida pode levar a pensar que o fin xustifica calquera medio”, engaden. Este será outros dos temas abordados no espectáculo.

‘Merquei unha postal de David Hockney’ chega á Mercedes-Benz Fashion Week Madrid

A galega Melania Freire presentará mañá a súa colección na anteriormente coñecida como Pasarela Cibeles.

Pin It on Pinterest