Destacados

Antía Yáñez estrea título na Feira do Libro de Viveiro, onde será a pregoeira

Sentirse mariñá. A escritora Antía Yañez será a pregoeira da Feira do Libro de Viveiro, onde presentará o libro para lectorado infantil O misterio do torque de Burela.

Coñecemos ‘O mundo dos vivos’, o novo poemario de Samuel Solleiro

Da infancia, das razóns para non escribir, da verdade. Coñecemos O mundo dos vivos, o novo poemario de Samuel Solleiro que publica Chan da Pólvora Editora. Estivemos na presentación na Feira do Libro da Coruña.

Álvaro Gago estrea ’16 de decembro’ en Locarno

Estréanse en Locarno a curtamentraxe 16 de decembro, de Álvaro Gago – o regreso do autor de Matria -, e a nova longametraxe de Eloi Enciso, Longa noite, un filme que compite polo Leopardo de Ouro do festival suízo.

Última semana de ‘Mostrart’ na Coruña, que celebra 35 anos

Última semana de ‘Mostrart’ na Coruña. A feira de artesanía galega celebra 35 anos e sobre ela e o oficio conversamos coas responsables dos obradoiros Cabuxa, Jatafarta e María Ventura. 

María López gaña o Trofeo McCrimmon do Festival de Lorient

A gaiteira María López gaña o Trofeo McCrimmon do Festival de Lorient. Con só 14 anos xa ten unha traxectoria nos escenarios e en disco.Toca a gaita, o piano e a zanfona. Coñecemos esta música nova e conversamos co profesor de gaita Daniel Bellón, da Escola Bellón-Maceiras da Coruña.

Última semana da exposición ‘Illas desertas’ de Roi Fernández en Compostela

Retratos e documentais sobre a deriva que forman parte do proxecto máis amplo ‘Ursúas’. A mostra será a última da Zona C, que pasará a integrarse na ampliación do Museo do Pobo Galego.

Comeza o Festival Revenidas en Vilaxoán

No Diario cultural falamos do comezo do Festival Revenidas en Vilaxoán.

‘Memorias dun loitador antifranquista’, a historia de David Álvarez Carballido

O filólogo e académico Antón Santamarina presenta na Fonsagrada o seu libro de entrevistas a David Álvarez Carballido titulado Memorias dun loitador antifranquista e publicado por Alvarellos.

Os Encontros Arraianos de Cinema Rural

Entrimo e Lobeira acollen os Encontros Arraianos de Cinema Rural, que coñecemos con Aser Álvarez. No tempo de música con Tito Lesende falamos do Festival Noroeste.

Pin It on Pinterest