Destacados

Vudú presenta o seu primeiro disco “Vudú vol.3”

Belén Tajes e Maritxinha, as integrantes de Vudú, acompáñannos para presentar o seu derradeiro traballo.

Coñecemos un pouco máis a Man, o alemán de Camelle

A Editorial Kalandraka publica un álbum ilustrado que condensa o espírito de Man, o alemán de Camele, como persoa e como artista.

Máis de vinte debuxos a lapis da artista Carmen Hermo, unha das persoas que máis loitou nos últimos anos para reinvindicar a figura de Man e preservar o seu legado artístico.

“A arte contemporánea busca a complicidade co lector”, explica a experta, xa que este libro permite que cada lector mire a través dos ollos de Man dunha forma aberta e universal.

Coralie Yap-Chine comeza unha residencia artística no Modus Vivendi de Santiago

A artista e música francesa afincada en Galicia Coralie Yap-Chine comeza hoxe unha residencia artística no Modus Vivendi de Santiago. Coñecemos con ela o proxecto Circum e falamos tamén outra das súas paixóns: a aprendizaxe colaborativa.

Coñecemos o Ciclo Pank que acolle o Salón Teatro de Santiago

Coñecemos o Ciclo Pank que acolle o Salón Teatro de Santiago cos seus protagonistas, a galega Cristina Balboa e o mexicano Manuel Parra.

Comeza a entrega dos Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega premian a excelencia creativa en diferentes ámbitos. A gala ten lugar este venres día 11 no Mosteiro de Montederramo, en Ourense.

O grupo ‘A Roda’ recibe o galardón do eido da Música. “Este é un recoñecemento a todos os cantantes populares e a música de raíz”, conta Alfredo Dourado, fillo dun dos fundadores.

Neste espazo cultural falamos con Luz Darriba, galardoada no eido das Artes Plásticas. “Non é momento para a cultura nin para as artes plásticas, pero é moi importante visibilizar o traballo das mulleres”, explica a artista.

O Festival de Cans recibe este recoñecemento na categoría Audiovisual. “Isto non funcionaría sen os veciños, os creadores e todas as persoas que nos apoian porque é un proxecto moi colectivo”, afirma o seu director, Alfonso Pato.

O Festival de Fiot obtén o premio en Artes Escénicas. “Conseguir poñer en valor as artes escénicas dende lugares pequenos é algo moi emocionante”, indica o seu director, Alberto Sueiro.

“O problema do patrimonio en Galicia é que se non o coñecemos, non o podemos valorar”, confirma Antonio Moure, presidente da asociación ‘O sorriso de Daniel’, que vén de recibir o premio no ámbito do Patrimonio Cultural. O presidente define esta asociación como “a voz que cava no deserto do patrimonio galego”.

Ramón Villares obtén o premio na categoría de Proxección Exterior. “Un país é grande en canto que ten unha mirada sólida cara o exterior”, declara nas ondas da Radio Galega.

Na categoría de Letras, o galardón vai para Xosé María Álvarez Cáccamo e, no eido da Lingua, para Antón Santamarina.

Luísa Martínez fálanos do seu libro “Puf! Vaia peido”

Falamos coa doutora en Ciencias do Mar e escritora do libro “Puf! Vaia peido”, Luísa Martínez Lorenzo.

José Chas inaugura unha esposición de fotografía industrial

O Pazo da Cultura de Pontevedra inaugura unha exposición sobre memoria industrial con fotografías de José Chas. Unha viaxe polo patrimonio industrial de Galicia a través da arte e da historia que hai nas ruínas das fábricas.

A influencia do seu pai foi decisiva para que José descubrise a súa paixón dende neno. Así estudou Belas Artes e especializouse en escultura, onde “o monumento percíbese como algo inalterable ao paso do tempo”.

José Chas decidiu combinar a idea de tempo coa idea de ruina como “mostra de fraxilidade”. Esta mestura trasladouna ata un mundo que aparentemente carece de carga poética.

“Non admiramos a industria porque hai pouca distancia temporal”, explica o fotógrafo, pero recorda que o Acueduto de Segovia era un mero condutor de auga para os romanos e, en cambio, agora ten un gran valor para a nosa historia.

A exposición de José Chas amosa imaxes de diferentes tipos de industria, dende a conserveira e a de cerámica ata matadoiros de industria cárnica e automoción.

Circum chega ao Modus Vivendi en Compostela

O Modus Vivendi muda a súa pel este xaneiro e convértese, durante cinco meses, nun local de ensaio e experimentación para catro formacións. Catro bandas creando e medrando diante dos ollos do público, interpretando un repertorio coñecido pero distinto cada noite. Circum é o nome que lle dan a este proxecto.

Os cineclubs, onde habita a maxia dunha película

Cales son os propósitos para mellorar a nosa vida cultural cada ano? Un deles pode ser ir aos cineclubs, onde segue viva a maxia do cine antigo.

“Unha película é diferente cando a vemos na pantalla grande e nos deixamos levar”, explica Manuel Precedo, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia, ao que engade: “é importante non usar o teléfono móbil nin distraerse”.

Cada vez son máis as liñas dixitais abertas e as posibilidade de desfrutar de contidos dixitais, pero os filmes galegos e o cine de autor seguen quedando esquecidos nun segundo plano. Os cineclubs ofertan contidos da nosa terra e protexen así a nosa cultura.

‘Apropiación indebida’, a novela de éxito en Suecia, xa pode lerse en galego

A editorial galega Hugin e Munin achega libros de diferentes épocas e lugares aos lectores galegos. A peste, de Albert Camus, xa está traducida ao galego da man de Isabel Soto e Xavier Senín.

“Este libro ten diferentes lecturas, en función da idade do lector”, explica o director da editorial, Alejandro Tobar.

Esta nova editorial, que tamén é un club de lectura, nace co obxectivo de “incrementar a literatura traducida ao galego”, segundo asegura o seu director. Así xorde no 2011, en plena crise económica, unha iniciativa arriscada que apostaba pola cultura do país.

Outra das obras publicadas é a novela Apropiación indebida, de Lena Andersson, unha obra supervendas en Suecia.

“No momento de traducir, os pensamentos e sentimentos son universais”, explica a súa tradutora, Marta Dahlgren.

Pin It on Pinterest