Destacados

Os beats da xeración Xabarín

Iago Galego, que formara parte do grupo vigués de punk Bakarrá, presenta “Filloas”, o primeiro discodo seu proxecto en solitario. Once cancións que combinan as sonoridades da música urbana conretrousos adictivos e introspección existencial. 

Ferror Records celebra 7 anos de vida

Este sábado o selo discográfico Ferror Records celebra o seu sétimo aniversario cun concerto de música electrónica coas primeiras actuacións do ciclo Solpores en Canido e un concerto de música electrónica na Sala Ruído de Ferrol. Conversamos con Fernando Fernández Rego sobre o apoio ás escenas locais e a saúde do circuíto de música en vivo.

30 anos da Orquestra Sinfónica de Galicia

A temporada musical que está rematando foi a número 30 para a Orquestra Sinfónica de Galicia. O conxunto coruñés deu o seu primeiro concerto un 15 de maio de 1992. Por moitas razóns, este 2022 foi un ano emotivo, marcado polo regreso ao Pazo da Opera, despois da pandemia, e por momentos coma no que o director de orixe rusa, Dima Slovodeniuk, dirixía á orquestra en Cuenca tocando o Himno ucraíno.

Para Dima foi tamén un ano especial, o seu último á fronte da Sinfónica, na que leva desde 2013, así que imaxinamos que este fin de curso chega cheo de emocións para a gran familia de músicos que conforman o universo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Mañá despiden temporada cunha xornada de portas abertas na súa casa, no Pazo da Ópera da Coruña, desde as sete e media da tarde. Con moita música, claro, na que participarán todas as formacións, desde o Coro e a Orquestra Infantil, ata as principais.

Como foi este ano de celebración e a que futuro mira a Orquestra? Preguntámosllo a Andrés Lacasa Nikiforov, xerente do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña.

 

 

O legado do exilio

O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas ‘Legados dende a dislocación‘, dedicadas a reflexionar sobre o exilio desde o presente e proxectándose no futuro. Falamos co coordinador da xornada, Pablo García Martínez, e mais co músico e investigador Samuel Diz, que participa cun concerto dedicado ás músicas do exilio republicano a través das figuras de dous músicos galegos exiliados en México: Bal y Gay e Xesús Dopico. 

Animación galega no festival de Annecy

Conversamos con Alberto Vázquez, que estrea a súa esperadísima longametraxe ‘Unicorn wars’ no festival de Annecy, o principal certame de cine de animación no mundo. Escoitamos tamén Xosé Zapata, un dos coprodutores de ‘Os demos de barro‘, que tamén se proxecta na sección ContreChamp de Annecy.

Cristina Pato debuta na literatura con ‘No día do seu enterro’

No día do enterro do Raposo, chovía de abaixo a arriba. E 20 anos despois, cando as tres fillas, Marica, Comba e Generosa, se reúnen no cemiterio, segue a chover de abaixo a arriba. Pero se cadra dunha maneira distinta.

Coa chuvia de fondo, esta novela preséntanos varias viaxes: unha no tempo, cara o pasado e cara o futuro; outra no espazo, de Ourense a Venezuela e viceversa; e outra máis emocional, a que pasan as tres fillas mentres van descubrindo as múltiple vidas que tivo Ervigio Raposo.

No día do seu enterro é a novela debut de Cristina Pato na editorial Galaxia. E ten algo do seu Ourense, do seu pai e das súas propias viaxes.

 

 

A lectura tamén ten o seu festival

Visitamos a SELIC, o festival da lectura de Santiago, para compartir e celebrar o pracer de ler ao redor da praza do Toural. James Rhodes, Berta Dávila, Santiago Auserón, Diego Ameixeiras, Xesús Fraga ou Marta Sanz serán algúns dos autores e autoras convidados ata o día 19 de xuño, nunha edición que vai ter un dos seus eixos na música e na que se vai homenaxear o recentemente finado Domingo Villar.  Conversas con autoras, roteiros, concertos, lecturas dramatizadas e teatro infantil son algunhas das actividades programadas para os próximos días. 

Performance e sorpresas no festival Plataforma

O festival de artes performativas Plataforma chega á súa terceira edición e segue apostando pola arte de acción e por tender pontes entre diferentes disciplinas en diferentes espazos de Compostela. Plataforma comeza coa colaboración entre a banda municipal de Santiago e a artista Macarena Montesinos nun ‘Concerto monocromo’ na praza do Obradoiro.

Serán ’03 para celebrar a pandeireta

A foliada na súa esencia, a foliada como festa, como encontro, como espazo para compartir música e sabedoría volve á Cidade da Cultura. Será coa 3ª edición do Serán, o Encontro Galego de Cultura Popular. O último celebrouse no verán de 2019, así que podemos imaxinar as ganas que había de volver bailar e cantar. 

A pandeireta é a protagonista nesta edición, nos concertos e nas conferencias, como instrumento con moita historia e que está a vivir un dos seus mellores momentos. 

Falamos co director artístico do Serán, Quique Peón.

 

 

 

Pin It on Pinterest