Destacados

Detéxtonos: recital do novo libro de Xabier Xil Xardón xunto a Leo Arremecaghona

Detéxtonos. Recital do novo libro de Xabier Xil Xardón xunto a Leo Arremecaghona.

Viva Radio Océano. Unha colaboración de Matías Tarrio

Viva Radio Océano. Unha colaboración de Matías Tarrio.

Lamprea Explosiva publican ‘Cancións para matar o teu fascismo interior bailando’.

Lamprea Explosiva publican ‘Cancións para matar o teu fascismo interior bailando’.

Xoán Curiel presenta polas vilas galegas o seu último traballo, ‘A casa do terror’

Xoán Curiel presenta polas vilas galegas o seu último traballo. ‘A casa do terror’ é un proxecto moi coidado, con moitos meses de traballo enriba. Vén da man dun espectáculo con músicos e artistas de gran solvencia. Nesta semana estase a celebrar unha rolda de presentación do seu libro+cd na ‘Xira Samaín 2018’ por varios concellos.

Esta fin de semana celébrase en Chantada a XVI edición do Castañazo Rock

Grupos coma Revelión do inframundo, Lágrimas de Sangre, Talco ou Mafalda actuarán esta noite no festival. Mañá serán Boikot, Zoo ou Dakidarría os que farán saltar aos asistentes do certame.

Ademais dos concertos tamén haberá actividades para todos os públicos e idades, como pasarrúas, cantos de taberna ou o Castañazo infantil.

A violinista María Dueñas actúa na Coruña

A violinista granadina María Dueñas actúa como intérprete solista da Orquestra Sinfónica de Galicia esta noite no Palacio da Ópera da Coruña. “O talento hai que traballalo”, explica Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica da Coruña, quen se amosa moi satisfeito coa gran demanda da xente nova por acceder ao mundo musical. “Ao redor da OSG hai máis de 600 mozos e mozas”, asegura no Diario Cultural. En relación con isto, a Televisión de Galicia estrea este sábado o programa ‘Ben Compasado’, unha aposta pola música clásica.

Neste espazo cultural tamén presentamos o festival do Castañazo Rock que se celebra esta fin de semana en Chantada. “Decidimos apostar pola diversidade musical para ampliar o público”, conta Iván Gómez, un dos organizadores do evento. Grupos como ‘Rebeliom do inframundo’, ‘Lágrimas de Sangre’ ou ‘Mafalda’ serán os protagonistas deste festival cheo de rock.

Lugo acolle a presentación do documental ‘Benvidas ao club’

O Museo Provincial de Lugo acolle ‘Benvidas ao club’, un traballo que pretende dar visibilidade a un problema latente na nosa sociedade. Carmen Granxeiro, directora da proxección, fálanos sobre o documental e a necesidade de amosar a realidade do tráfico de mulleres. Esta proxección céntrase na operación Carioca, un tema que tocou a nosa sociedade durante moito tempo.

Paula Chaves presenta ‘Dexeneración’, o seu novo disco

Paula Chaves, “Pauliña”, a cambadesa asentada en Ourense, cóntanos como está levando a presentación de ‘Dexeneración’, un traballo que fala moito da súa persoa e que está cheo de ilusión. A banda que a acompaña está conposta por Lolo, Iago, Julián, Paco e Santi.

Inauguración da exposición ‘Sonoro empeño’ que combina pintura e música

A exposición ‘Sonoro empeño’ representa a relación entre a pintura e a música con pezas de pintores como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Xaime Quesada ou Luis Caruncho. Pintar os sons e transmitir con música unha obra plástica é a mensaxe que está presente ao longo desta mostra. Artistas como Kandinsky teorizaron sobre este tema e estableceron analoxías entre timbres sonoros e cores, así pode asociarse o verde co son do violín, o azul claro coa frauta e o azul escuro co violonchelo.

A mostra está dividida en catro seccións. A primeira delas é a sala de iconografía musical, que representa os músicos e os seus instrumentos. A segunda é a sinestesia que persegue a utopía de crear unha hibridación perfecta entre as dúas expresións artísticas. En terceiro lugar, o tema das festas e das danzas dende unha visión moi variada, dende as romarías ata a estética pop. A última das salas recrea a relación entre a música e a pintura dende unha visión máis particular: os ollos da infancia.

A vila de Sada acolle o movemento cultural Esperto

O Grupo Cultural Esperto presenta a súa programación do mes de novembro con monólogos, charlas, concertos… Un programa para todos os gustos que busca fomentar as vertentes da arte.

Pin It on Pinterest