Destacados

Alguén que respira! reúne na súa terceira xornada grandísimas poetas galegas

A cuarta edición do festival Alguén que respira! 2021 reúne hoxe martes no Teatro Principal de Compostela a Olga NovoChus PatoEva VeigaLuz FandiñoElvira RiveiroYolanda CastañoAndrea NunesLuz PichelAlba Cid Miriam Ferradáns.

‘Memorias en conserva’

‘Memorias en conserva’ é un traballo documental sobre a industria da conserva na Illa de Arousa. Aínda que máis ben é un documental sobre as mulleres da conserva e a súa memoria. Os recordos de mulleres, que sendo nenas, comezaron a traballar nas fábricas da illa para ter un xornal que levar á casa. 

‘Memorias en conserva’ é o traballo de recuperación de numerosos testemuños, como os que fomos escoitando; dun tempo que parece moi, moi pasado, pero que non o é tanto. Falamos co seu director, Marcos Martínez.

 


 

 

Futuro para o pasado de Casaio

A asociación Sputnik Labrego pide que se protexa a paisaxe cultural da parroquia valdeorresa de Casaio. Ademais dos montes de Trevinca e do seu mítico teixadal, Casaio garda a memoria da mina de wolfram de Valborraz e de importantes campamentos guerrilleiros dos anos corenta. 

O Play Doc presenta a súa XVII edición

O Teatro Municipal de Tui acolleu hoxe a presentación da sétima edición de Play-Doc que se vai celebrar na cidade do 22 o 26 de setembro.

Falamos co codirector do festival, Ángel Sánchez, que nos conta todas as novidades que trae esta nova edición, con gran presencia galega, actuacións musicais, vertente dixital e mesmo un roteiro polo centro histórico de Tui.

Claudio Rodríguez Fer revisita os seus ‘Cinepoemas’

Os primeiros ‘Cinepoemas’ foron publicados en 1983, ampliados no 2016, e agora revisitados nunha edición especial para a Semana de Cine de Lugo.

Os ‘Cinepoemas’ de Claudio Rodríguez Fer son un percorrido polas obras mestras, polos imprescindibles da sétima arte, e tamén polas sorpresas que nos deparan as salas de cine.

 

 

O cine volve a Lugo

135 filmes en 5 días. Ese é o reto que nos presenta a Semana do Cine de Lugo nesta presente edición, con varios focos e homenaxes. Homenaxe a Berlanga, ao Camiño de Santiago, a Emilia Pardo Bazán, aos profesionais da saúde e a Luis Iglesia. O cine ten moito tempo que recuperar e en Lugo non perderon o tempo.

 

 

Marchamos de festival ao Canteira Fest

Vituco Neira achegouse á Canteira de Paredes polo Canteira Fest, festival que está a decorrer na localidade pontevedresa de Vilaboa, onde falou coa artista Zeltia Irevire e cun dos organizadores do evento, Diego Vara.

Chévere estrea en Madrid!

A compañía galega viaxa ó gran teatro Maria Guerreiro para presentar “N.E.V.E.R.M.O.R.E“, unha aproximación á memoria da catástrofe do Prestige, que estrean hoxe na capital do estado e que traerán a Galicia cara ao 22 de outubro.

‘Acorda’: a música que esperta a memoria

Esta tarde preséntase no Teatro Principal de Pontevedra o documental ‘Acorda’, unha iniciativa do departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Un traballo que percorre os lugares da memoria esquecida da provincia e os fai revivir a través das voces de Uxía, Eladio Santos, Tanxugueiras, Emilio Rúa e máis.

 

 

Canto vive unha fotografía?

Xabier Ramos cataloga o inmenso arquivo de imaxes do fotógrafo compostelán Xenaro Martínez Castro, un traballo promovido polo Consorcio de Santiago que evidencia o reto que supón a conservación do patrimonio fotográfico.

Pin It on Pinterest