Destacados

Os soldados forzosos de Franco

O historiador Francisco Leira-Castiñeira recolle a memoria fotográfica dos galegos 
que se viron obrigados a loitar no exército sublevado durante a guerra civil. A editorial Galaxia publica o seu libro ‘Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil’ 

Tap, o baile que se fai instrumento

Unha reportaxe de Érika Martínez sobre todas as curiosidades do tap, mellor coñecido como claqué ou zapateado. 

Unha alerta sobre as bibliotecas públicas

Para María Moliner, o acceso aos libros era un símbolo de progreso, pero que ocorre cando non hai bibliotecas? A Bamad, a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia analizou as estatísticas bibliotecarias e destaca varias eivas neste servizo público galego. 

Faltan bibliotecas no rural e nas cidades, falta persoal cualificado, falta financiamento… Como se pode mellorar a calidade das nosas bibliotecas?

Investigámolo con Xoán Manuel Pérez Lijó, secretario da Bamad, e Isabel Blanco, coordinadora da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. 

Oitava edición dos premios Martín Códax da Música

Xiana Lastra, presidenta da Asociación Músicas ao vivo, explícanos os cambios que introducen este ano os galardóns da música galega. 

Camiñar o Vigo rebelde

Hai un Vigo cultural, un Vigo que fai fronte ao fascismo, un Vigo obreiro e sindical… e todas esas facetas están en ‘Marxes. Guía Ilustrada do Vigo Rebelde’, un libro de Xurxo Martínez e David Rodríguez para a editorial Xerais. 

Acompañamos ao autor a camiñar por ese Vigo rebelde. 

Gervasio Sar, “o mariñeiro pop”

Guiado polo faro de Muxía viviu e pintou o artista Gervasio Sar. Recentemente falecido, a asociación que leva o seu nome quixo rederlle homenaxe cunha exposición retrospectiva da súa obra na sala A Camposa de Muxía. “O diván de Freud no faro da fin do Camiño” poderá verse ata o 30 de setembro nesta vila da Costa da Morte. 

No Diario Cultural falamos con Antón Castro, comisario da exposición: “Gervasio retratou Muxía, o mar e a súa xente a toda cor. Muxianizou o pop art”.

Diálogos poéticos para o verán

A poesía tomas as rúas e prazas de Compostela co ciclo ‘Poemas no estío’, comisariado por Antía Otero, cada mércores ás 20h no marco do Festival C. Diálogos poéticos coa música e as artes, e diálogos entre poetas, como o desta tarde, protagonizado por Luz Pichel e Elvira Ribeiro. 

Volve a Vilagarcía de Arousa o Festaclown

Circo, música, narración oral e compromiso social do que falamos con Nacho Fungueiriño, coordinador do festival. 

Por unha mocidade con memoria

O 17 de agosto de 1936 os fascistas asasinan a Alexandre Bóveda, figura clave do nacionalismo galego, por defender Galicia e a República. Na súa honra, un Castelao no exilio arxentino decidiu instituír o 17 de agosto como o día da Galiza Mártir. 

Neste día tan simbólico preséntase a Mocidade Galega pola Memoria, unha plataforma co obxectivo de presentarlles a historia aos máis novos e facelos partícipes da memoria común. No ‘Diario Cultural’ puidemos falar con dous dos seus impulsores, Diego Bará e Andrea Ferrer. 

Lembrando a Francisco Pillado

Tralo seu pasamento aos 80 anos, recordamos a traxectoria do que fora director da editorial Laiovento, figura clave para o teatro galego como investigador, editor e tradutor. 

Pin It on Pinterest