Destacados

Elena Gallego publica a quinta entrega de ‘Dragal’

Comezamos semana falando de literatura e dragóns. Dragóns que existen na nosa tradición e en moitas lendas galegas. Elena Gallego é a autora da saga ‘Dragal’, que chega a súa quinta entrega editada por Xerais.

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios…poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura.

Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor un desastre.

Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para conquistar novos e vellos lectores. “Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón”.

Programa especial dende o Caudal Fest

Programa especial dende o Caudal Fest no comezo da segunda edición.

Jacobo Naya de La M.O.D.A., Jon de Tigre y Diamante  ou a ourensá Marem Ladson pasan polo noso set. Conducido por Vituco Neira.

Como é a semana do patrimonio invisible en Compostela?

Como será a semana do patrimonio invisible en Compostela? Ata o 22 se setembro poderemos visitar espazos que adoitan estar pechados ao público. Todas as actividades son de balde, aínda que é preciso inscribirse porque hai límite de prazas.

A Cidade da Cultura acolle instervencións na paisaxe arredor de deixar atrás os medos, o son das estrelas ou o Barroco compostelán

Inaugurase na Cidade da Cultura ‘Reb/veladas na paisaxe’ un proxecto que xunta intervencións ao aire libre de tres artistas – Clara Montoya, Pablo Barreiro e Alicia Framis – que escolleron as tres comisarias coas que conversamos: Montserrat Pis Marcos, Sara Donoso e Paula Cabaleiro.

Estréase a obra ‘Crónicas do paraíso’

Estréase a obra ‘Crónicas do paraíso’

Comeza na Coruña o Festival ‘Mar de mares’ que xunta activismo, ciencia, artes ou gastronomía

Coñecemos o festival cunha das organizadoras Merce Carballo e tamén pescudamos na pegada do mar na literatura de Marta Dacosta e María Canosa que participan no encontro ‘Palabras que baten coma ondas’.

Luz Castro cóntanos as últimas novidades en videoxogos

Luz Castro será a nova colaboradora do Zig Zag da Televisión de Galicia. É unha das persoas que máis sabe sobre videoxogos na nosa terra. En 1997 fundou con outros tres compañeiros imaxin|software, onde dirixiu a área de ingaming, pioneira no deseño de videoxogos educativos.

Forma parte do cadro docente da Universidade da Coruña en Comunicación Audiovisual, no mestrado de Creación, desenvolvemento e comercialización de videoxogos e tamén no novo grao en Creación dixital, animación e videoxogos. É cofundadora de Videoxogo.gal, a Asociación galega de videoxogos e conidos interactivos.

Unha vintena de creadores nados despois de 1989 xúntanse en ‘Cinegalicia 2019’

 

Unha vintena de creadores nados despois de 1989 xúntanse en ‘Cinegalicia 2019’ unha iniciativa da revista dixital ‘A cuarta parede’ como revisión dende diferentes disciplinas de Urxa, Sempre Xonxa e Continental no 30 aniversario da estrea dos filmes.

 

An Alfaya publica ‘Soleando’, un poemario infantil, e ‘O grupo’, unha novela xuvenil, gañadora do Premio Raiña Lupa

A escritora viguesa An Alfaya publica dúas obras: ‘Soleando’ un poemario infantil que editan Galaxia e ‘O grupo’, unha novela xuvenil, gañdora do Premio Raiña Lupa, e que publica Xerais.

Pin It on Pinterest