Destacados

O simbolismo dos esgrafados da Ribeira Sacra

Os esgrafados que podemos atopar polas paredes da Ribeira Sacra son obras de arte cheas de simbolismo. Agora podemos atopalos todos e coñecelos mellor grazas ao libro da antropóloga Mar López. 

The Turre’s Band celebra o seu XX aniversario dando zapatilla

Os de Torroso fan xa 20 anos de música que non distingue de idades, fronteiras ou sexos e que non deixa de “dar zapatilla”, enchendo salas, festivais e até as vías públicas, cos seus particulares pasarrúas turresbanianos.

A Mostra Internacional de Teatro inaugúrase hoxe cun gran programa que se estenderá durante dez xornadas

Conectamos con Vituco Neira, dende Ribadavia, para falar co dramaturgo Roberto Pascual para conversar sobre as obras das múltiplas compañías que actuarán nos vindeiros días na ribeira do río Avia.

Na Ribeira Sacra teñen 17 graos

Comeza a 5ª edición do festival 17º Ribeira Sacra e no Diario Cultural falamos co seu director.

A poesía era a-quilo

‘A poesía era a-quilo’, un ciclo de poesía entre o peixe, a verdura e o pan da Praza de Abastos do Carballiño neste mes de xullo. 

A Casa Museo de Rosalía de Castro celebra dende hoxe as xornadas ‘Rosalía no Camiño’

Poetas chegados de toda a península farán recitais multilingües en Santiago e Padrón. Son os Anna Gas (Cataluña), Tere Irastortza (Euskadi), Berta Piñán (Asturies), José Rui Teixeira (Portugal) e os galegos Antón Blanco, Alba Cid, Genaro da Silva e Luz Pichel, comisariados todos pola académica Chus Pato. Ademais, acollerá presentacións de libros e actuacións musicais de Secho, Laura LaMontagne & Pico Amperio ou Berlai.

De todo isto falamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e con Pepe Barro, deseñador, autor da musealización da casa da Matanza e comisario da exposición 50 anos da Casa Museo de Rosalía de Castro.

 

Arranca hoxe o Festival das Carrilanas de Esteiro, que repite formato ‘km0’

Vituco Neira trasládanos a Esteiro para falar neste novo Festival das Carrilanas 2021, en formato ‘km0’, coa banda Lisdexia, que será a encargada, xunto con Swipe-Up Trío, de estrear os escenarios desta nova edición dun festival xa mítico e que mantén un gran nivel a pesar das circunstancias. Precisamente sobre isto fala tamén Vituco con Álvaro, membro organizador do Festival das Carrilanas, neste Diario Cultural.

Entramos aos Vilares

Xa se presentou o libro de Edición Fervenza ‘Lareira de soños’, de Pastora Veres e acompañado do documental ‘Entrar aos Vilares’, realizado por Cibrán Tenreiro. 

A compañía de danza contemporánea La Macana volve ós escenarios con dous espectáculos

Caterina Varela, co-directora e coreógrafa da compañía de danza contemporánea La Macana, está connosco para falar dos dous espectáculos cos que a Macana xirará este verán: Keep Going, xa con tres datas comprometidas para os 16, 17 e 18 de xullo, e Pink Unicorns, cuxa axenda se estende xa até finais de novembro.


 

“Visións inéditas” é o novo proxecto multimedia que se expón nestes meses en DIDAC

A DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas) acolle ata o 5 de setembro “Visións inéditas”, un proxecto multimedia moi innovador que conta coas aportaciñons de nada menos que Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza.


 

Pin It on Pinterest