Destacados

Por que camiñamos?

Raúl García e Alba Prol presentan o documental ‘O gran camiño’, unha viaxe polas rutas máis impresionantes do mundo, que inclúe o Kumano Kodo xaponés, a do Machu Picchu en Perú ou o Camiño de Santiago. 

Os directores e os camiñantes que van atopando tratan de responder a esa pregunta: por que camiñamos?

Recuperamos a Secho

O musico Secho volve á música cun novo disco, “Recuperar”, que xa está dispoñible en plataformas dixitais e conta coa colaboración de artistas como Guadi Galego, García MC ou Sabela Galván. 

A experiencia de camiñar

O Centro Galego de Arte Contemporáneo ofrece unha mostra que reflexiona sobre o feito de camiñar. Andar, pasear, a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como experiencia artística. 

Santiago Olmo e Alberto Carton son os comisarios. 

“Dereito a existir: falan elas”: A voz das persoas trans

Cada 28 de xuño a comunidade LGTBQ+ celebra unha serie de accións para reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.

Nas vésperas desta celebración, o Consello da Cultura Galega (CCG) prepara diferentes accións. Dunha banda, organizará mañá martes, 22 de xuño, a segunda edición da xornada “Pensar con orgullo”. No marco desa cita estrearase a curtametraxe documental “Dereito a existir: falan elas” dirixida por Carme Adán e Cristina de la Torre, que recolle o testemuño de tres xeracións de mulleres transexuais. Da outra banda, no propio día 28 incorporarase unha nova cabeceira ao repositorio documental hemerográfico “A saia”.

O dietario derradeiro de Neira Vilas

A Fundación Neira Vilas publica ‘Caderno de Gres’, con parte do “derradeiro dietario” escrito por Xosé Neira Vilas, no que recolle os encontros con amigos e persoeiros da cultura. 

A orixe da batucada

Cambados recibe o primeiro festival europeo de batucadas que leva por nome ‘O Xacobeo percute’. Celebrarase o próximo 26 de xuño.

Xoias que emocionan

Raquel Besteiro estivo co xoieiro, youtuber e exnadador paralímpico Pablo Cimadevila para falar de paixóns, emocións e xoias. 

E coa súa gata Dana. 

‘En Camino’, un cómic sobre o Camiño de Santiago

O debuxante José Ángel Ares e o guionista Paco Hernández asinan esta novela gráfica publicada por La Cúpula. A protagonista é Emma, unha debuxante de Lleida que decide facer camiñar cara a Santiago desde Roncesvalles despois de romper coa súa parella. 

Festival Sete Falares, contos para adultos

O festival de contos para adultos Sete Falares celebra unha nova edición en Pontevedra.

Malabares con caixas de puros

Xan Patito Pato celebra 100 funcións co seu espectáculo.

Pin It on Pinterest