Diario Cultural

[17:49:00] Máis contos de Nadal con Eva Mejuto

 

Rescatamos ‘Trece noites, trece lúas. Libro das Marabillas de Nadal’, unha obra de Antonio Reigosa publicada en 2011 por Edicións Xerais que pescuda nas orixes de Nadal e nas diferentes maneiras de celebralo en diferentes lugares.
Tamén petiscamos en ‘Sempre Nadal’, con texto de Desirée Acevedo e ilustracións de Sara nchez. Triqueta Editora publica este álbum ilustrado no que o coello Pepiño suxire que estendamos a alegría do Nadal.

 

[17:31:00] Lucía Aldao afianza o seu proxecto musical en ‘Pava 2’

 

‘Pava 2’ é o segundo EP do proxecto musical en solitario de Lucía Aldao, que afonda no camiño iniciado hai un ano con ‘Pava’. A poeta e música preséntanos estas catro novas cancións e prepárase para levalas aos escenarios. 

 

[17:48:00] Fillas de Cassandra, Bad Gyal e Margo Price

 

Tito Lesende adiántanos algunhas das citas festivaleiras de 2023, como o Osa do Mar de Burela, polo que pasarán Fillas de Cassandra, ou Portamérica, onde actuará Bad Gyal. Despedimos o ano escoitando unha canción do novo disco da música estadounidense Margo Price. 

 

[17:31:00] 45 contos dos irmáns Grimm

 

Sushi Books publica 45 contos dos irmáns Grimm para os nenos e para a familia, unha escolma dos contos populares compilados no século XIX por Jacob e Wilhelm Grimm. Ademais de relatos tan coñecidos como ‘O gato con botas’, ‘Os músicos de Bremen’, ‘Hänsel e Gretel’ ou ‘Branca de Neve’ aparecen neste volume outros contos nunca antes traducidos ao galego. 
A responsable da selección dos 45 contos e da tradución directa desde o alemán foi Jennifer Gómez Vilar.

 

Pin It on Pinterest