Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Programa de artes escénicas coa colaboración de Afonso Becerra; e de cine, hoxe comeza o Ourense Film Festival coa nova película de Ángel de la Cruz, ‘O home e o can’.
Programa de artes escénicas coa colaboración de Afonso Becerra; e de cine, hoxe comeza o Ourense Film Festival coa nova película de Ángel de la Cruz, ‘O home e o can’.
A Asociación Galega de Editoras organiza o XIX Simposio O libro e a lectura, que este ano fai un percorrido pola historia da edición moderna en Galicia. Henrique Alvarellos, presidente da entidade, fálanos do evento, e Encarna Otero, dános un par de pinceladas máis acerca de figuras como Ánxel Casal ou María Miramontes.
O Ourense Film Festival (OUFF) presenta contidos da súa 27ª edición, que se celebrará entre o 23 de setembro e o 1 de outubro. O director do festival, Miguel Anxo Fernández, cóntanos os detalles.