Diario Cultural

Rodolfo e Priscila, a editora indecisa de Berta Dávila e Carlos Meixide

Rodolfo e Priscila é, así de entrada, un nome curioso para unha editora independente. Detrás están os escritores Berta Dávila e Carlos Meixide, que veñen con dous libros, ou dúas pequenas xoias, chamadas ‘A poesía como arte insurxente’ e ‘Pequeno álbum de Nova York en inverno’. Deses libros que precisan amor. Presentáronse oficialmente nesta pasada feira Culturgal, e xa están en librerías para ser acollidos polas lectoras.

Rodolfo, un pequeno león de peluche, e Priscila, unha bailarina que habita unha caixa de música, son as memorias que levaron a Carlos e Berta a facerse editores. Iso e unha viaxe a Nova York.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe non imos presentar un libro, nin dous, nin tres. Ou non só. Hoxe subimos de nivel e presentamos unha editorial. Chámase Rodolfo e Priscila, co apelido de Editora Indecisa, e é o proxecto editorial de Berta Dávila e Carlos Meixide.

E máis temas, hoxe é mércores de artes escénicas e Roberto Pascual faranos a súa revisión de NEVERMORE de Chévere.

As galegas modernas de hai un século

Raquel Pico publica na editorial Galaxia ‘Noticias da modernidade’, onde recupera a memoria das mulleres modernas da Galicia dos anos 20 a través das súas pegadas na prensa da época.

Candidaturas galegas aos Goya

Conversamos con algúns dos nomes galegos na lista de candidaturas aos premios Goya:
Celso Bugallo, finalista como mellor actor de elenco polo seu papel en ‘El buen patrón’; Zeltia Montes, candidata á mellor música orixinal pola mesma película e Chelo Loureiro, directora e produtora de ‘Valentina’, un dos filmes que optan ao premio como mellor longametraxe de animación. 

Pin It on Pinterest