Diario Cultural

Carlos Santiago contra a realidade

Carlos Santiago reúne en Ontoloxía poética a súa creación lírica entre 1998 e 2018, agrupada en cinco poemarios que van do amoroso ao político nun combate continuo coa realidade. O dramaturgo e poeta participa este venres nas xornadas sobre blasfemia e censura no Museo do Pobo Galego.

Monográfico sobre Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas, faleceu esta mesma madrugada, a día 17 de novembro do 2021, ós 69 anos de idade. Con este triste motivo, quixemos falar con Chus Pato, Manuel Bragadi, Margarita Ledo, Anxo Angueira e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nos axudaron a retratar a súa pegada na nosa literatura, na nosa cultura e na nosa sociedade.

Falece Darío Xohán Cabana

No Diario Cultural desta mañá soubemos do triste pasamento de Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas.

Exilio e retorno de Eugenio Granell

O pintor surrealista Eugenio Granell tivo que exiliarse en 1939 e non retornou ata 1985. Conversamos con Violeta González Forte, autora do libro Eugenio Granell. Regreso de un surrealista exiliado e con Eduardo Valiño, conservador xefe da Fundación Granell, que durante o mes de novembro acolle un ciclo de conferencias sobre o compromiso político deste artista.

As novas colmeas de Néboa

Publícanse dúas versións ‘Coidar dunhas colmeas‘, unha peza fermosa e hipnótica que formaba parte do primeiro disco do grupo Néboa, A realidade enganosa, publicado hai un ano. Falamos con Lucas de Centi, un dos membros do grupo, e con Antía Muíño e Femme Fatale, autoras das versións publicadas no single ‘Coas primeiras follas secas‘.

Pin It on Pinterest