Diario Cultural

Adiantámonos á gala dos premios Martín Códax desta noite

Esta noite son os Premios Martin Códax. Na gala coñeceranse os galardoados deste ano, pero xa sabemos os tres premios honoríficos, cos que conversamos neste Diario Cultural: o produtor e técnico de son, compañeiro da Radio Galega, Pablo Barreiro, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2021, e o festival Jazz de Ría e a sala Mardi Gras, premios extraordinarios Organistrum nesta oitava edición dos Martín Códax, polo que felicitamos, respectivamente, a Aitana Cuétara e a Tomi Legido.

Tanxugueiras nos mercados profesionais da música

O vindeiro venres 29 de outubro, as Tanxugueiras actúan no Womex de Porto. No Diario Cultural puidemos falar con Sabela Maneiro sobre o actual momento dunha das máis exitosas formacións da música galega.

Volve Rompente!

‘Rompente Grupo de Comunicación Poética’ regresa 40 anos despois cun novo espectáculo interdisciplinar no que a poesía se dará a man do audiovisual, a música e a posta en escena, unha xira na que o conxunto creado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romón percorrerán un total de oito municipios galegos. Precisamente con eles tres puidemos falar no Diario Cultural.

Falamos con Xosé A. Neira Cruz, autor d’ “O enigma de Santiago”

“Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela”. Ese é o pretexto que dá pé a todo o que se desenvolve n’ “O enigma de Santiago“, a nova novela que publica a Editorial Galaxia. No Diario Cultural falamos co seu autor, Xosé A. Neira Cruz.

Amal, cine como ponte entre culturas

Amal, cine como ponte entre culturas

Chega a cuarta edición de Intersección

A cuarta edición de INTERSECCIÓN – Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, que se celebrará entre o 22 e o 31 de outubro, apoia a creación contemporánea de Galicia exhibindo obras de máis de 20 artistas galegas e colaborando con tres galerías da Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia. Como novidade desta edición, INTERSECCIÓN propón unha nova sección, Conexión Atlántica by 1906, unha maridaxe de arte contemporáneo, gastronomía e cervexa. Falamos con Gonzalo E. Veloso, director do festival.

Chévere estrea N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Nada a proposta do Centro Dramático Nacional, a compañía de teatro Chévere chega cunha nova obra de teatro, N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Xesús Ron e Patricia de Lorenzo visitaron o Diario Cultural para falarnos desta obra de gran magnitude que conta coa catástrofe do Prestige como centro gravitatorio argumental.

Isabel P. Dobarro, a muller na música como bandeira

Isabel P. Dobarro, a muller na música como bandeira

Os concertos malditos da Orquestra Clásica de Vigo

Orquestra Clásica de Vigo celebra este domingo o terceiro dos seus concertos malditos. Desta volta trátase do Maldito Beethoven, conmemorando os 250 anos do nacemento do compositor que tampouco se puideron celebrar no 2020. No Diario Cultural falamos con Manuel Martínez, Director Técnico da Orquestra Clásica de Vigo.

Rir & Co., un obradoiro en Allariz de tecidos feitos a man

Complementos, moda, fogar e tecidos naturais danse a man neste obradoiro, unha proposta excelente e innovadora que nos veu explicar a súa ideadora, Inés Rodríguez.

Pin It on Pinterest