Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Paulo Nogueira Santiago presenta o seu novo libro ‘A nobreza galega na Idade Moderna’. Luis Miguel Crespo comenta ‘Nunca te rendas’, o concerto desta semana da RFG.

Ailá: “O tempo de pandemia foi moi creativo”

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional festiva de transmisión oralque intenta transmitir esa enerxía universal feita de raíces e de vento. Tamén é unha proposta semántica para darlle nome a esa expresión emocional que ten a música e o baile galegas.

Que é unha poeta?

Baía Edicións publica ‘Xela Arias: palabra á intemperie‘. A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.

Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

No Diario Cultural, Emma Pedreira conversa con Ana Romaní.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Emma Pedreira dialoga con Laura Romero sobre Xela Arias en ‘Palabra á intemperie’. Rut Balvís fálanos de ‘Clásicas desfeitas’ na súa colaboración de Artes do Movemento.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado.

O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal.

Ademais, Emilio Españadero ensinará as novidades máis importantes da música de raíz, que para nada son poucas.

16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Do 6 ao 10 de abril desenvolverase en Compostela a 16ª edición da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, organizada polo Museo do Pobo Galego. Os filmes poderán verse no propio museo, na sala Numax e no Teatro Principal. 

11 filmes participarán na sección oficial a competición, pero fóra diso poderemos ver tamén a estrea de ‘Negro Púrpura’, unha creación de Illa Bufarda

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Presentación da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico no Museo do Pobo Galego. Armando Requeixo recomenda a lectura de ‘A afogada’, de Rocío Leira.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Regresa Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, cunha cuarta edición adaptada ao contexto actual

Miró. Unha colección

A Fundación Barrié de la Maza da Coruña acolle ata o 16 de maio a exposición ‘Miró. Unha colección’. Unha mostra que reúne 47 obras da época de madurez do pintor e escultor surrealista, un dos artistas españois con maior proxección internacional, cuxa obra chegou a exercer gran influencia tanto sobre os seus contemporáneos como sobre as xeracións posteriores. 

Con esta exposición a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Neste marco presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, O Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros..

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Colaboración de Manuel Vicente: Ángeles Alvariño, a igualdade na ciencia. ‘Miró, unha colección’, na Fundación Barrié da Coruña. Alba Cid comenta ‘Xela Arias, palabra á intemperie’.

Pin It on Pinterest