Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza a VII Edición do Carballo Interplay do 18 ao 21 de novembro. Premio María Moliner de Animación á Lectura para a biblioteca de Verín. ‘Fábulas contadas de Gonzalo Navaza, a recomendación semanal de Montse Pena Presas.

‘ConversArte’, facer partícipe ao público do sentido do patrimonio

Pilar Sánchez, auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo, estivo hoxe no Diario Cultural para falar de arte, do Torques de Burela e da súa historia. 

Presentou a serie ‘ConversArte’, unha actividade para todos os públicos, en liña, para conversar arredor das pezas de arte e do patrimonio dos museos. Un xeito de facer partícipe ao público do sentido do patrimonio e do prestixio das súas obras. 

En concreto, a charla de hoxe leva por nome “O Torques de Burela, a colección de orivería antiga e popular. De xoias e novos valores”. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘ConversArte’, unha proposta da Rede Museística Provincial de Lugo. ‘Sete días com Elisa’, a recomendación semanal de Armando Requeixo.

Debullamos a nova edición do Certame Novos Valores 2020 da Deputación de Pontevedra

Colaboración da nosa experta en artes visuais. Sara Donoso conversa cos gañadores do Novo Valores 2020: Mar Ramón Soriano, Nuria Rodríguez Figuerido, Andrea Davila e Alejandro Rego. Tamén falamos coa Fátima Cobo, responsable de exposicións do Museo de Pontevedra.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Hoxe no Diario Cultural, falamos do galardón á mellor dirección española no Festival de Sevilla para ‘Nación’ de Margarita Ledo. Ademais, o Consello da Cultura Galega presenta os primeiros avances do Foro Patrimonio e Sociedade.

‘Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas’

O Museo Provincial do Mar de Lugo inaugura a exposición ‘Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas’, que visibiliza ás mulleres da mariña lucense. 

A inauguración será a través do facebook do Museo Provincial do Mar e serán catro exposicións navegando desde o 16 de novembro ao 8 de marzo de 2021.

No Diario Cultural falamos coa súa coordinadora, Encarna Lago: “A mar é feminina cando estamos embarcadas; e masculino cando estamos en terra”. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Manuel Vicente guíanos polo firmamento cos nomes galegos das estrelas. A exposición ‘Amar a mar’ sobre as mulleres da Mariña lucense. Luis Miguel Crespo presenta a Eduardo Soutullo, premio de Composición da AEOS.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe, Isabel Risco presenta novo espectáculo teatral ‘Bravas’. Este é o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Luz Fandiño, ‘A poeta analfabeta’, nas pantallas de Cineuropa

Luz Fadiño, a feminista e activista incansable, protagoniza aos seus 88 anos este documental, ‘A poeta analfabeta’, dirixido por Sonia Méndez. Onte foi a súa estrea en Cineuropa. 

O escultor Xoán Piñeiro, lembrado en Vigo polo seu centenario

A fundación que leva o seu nome, presidida por Suso Vázquez, celebra hoxe en Vigo un acto de lembranza ao escultor Xoán Piñeiro, entre outras actividades para conmemorar o centenario do seu nacemento. 

Pin It on Pinterest