Diario Cultural
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
As leis da termodinámica con Manuel Vicente. A axenda da música clásica con Luis Miguel Crespo.
Os cambios que veñen na Asociación Galega de Editoras
Xosé Ballesteros deixa o cargo de presidente da Asociación Galega de Editoras, e será substituído por Henrique Alvarellos. Con eles, falamos da saúde do libro en galego, e dos cambios que veñen para o sector e a propia Asociación.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Cambios na presidencia da Asociación Galega de Editores. ‘Prendendo butacas na casa’, teatro da Dep. de Pontevedra.
‘De portas a dentro’
Que fixeron os adelescentes galegos durante o confinamento? Non sabemos que fixeron todos os adolescentes, pero si o alumnado de Estíbaliz Veiga, que agora presentan ‘De portas para a dentro’, unha peza audiovisual sobre a súa experiencia.
Torneiro, piar da poesía
‘Clave de bóveda’ é o título do último poemario de Manuel Álvarez Torneiro, publicado por Kalandraka de xeito póstumo.
Falamos sobre esta obra coa súa editora, Teresa Seara, que ademais foi a encargada de escribir o limiar co que abre este poemario.
‘Noventa Millas’ para gozar da música de Fernando Abreu
O clarinetista Fernando Abreu, inspirado por unha praia de Nova Zelanda, presenta o seu último traballo musical, acompañado do pianista Alberto Vilas. ‘Ninety Miles’, ou noventa millas, é o adianto do seu primeiro disco, ‘C ALMA’.
Héctor Pose e Héctor Francesch dánlle vida ás súas ‘lascas’
O escritor Héctor Pose e o ilustrador Héctor Francesch presentan ‘Lascas’, unha baralla de cartas que conforman un microcosmos literario editado por Estraperlo.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Lascas’, relatos en cartas. ‘Ninety Miles’, o novo do músico Fernando Abreu. ‘Benvidos á cidade’, a novela de Xurxo Sierra.
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- 125
- Seguinte ›