Diario Cultural

[20:46:00] Preséntase o volume ‘Berta Cáccamo. Horas felices’

A publicación aborda a primeira retrospectiva da pintora despois do seu pasamento en 2018.

[17:48:00] Roura, Ataque Escampe, Skarnivals e Alba Reche

A primeira sesión de Tito Lesende en febreiro trae música de Roura, un cantautor galego residente en Madrid. Escoitamos a última canción de Ataque Escampe, Viaxamos a Miami, e o novo disco de The Skarnivals. Poñemos o ramo con Alba Reche, que colaborou recentemente con Baiuca e toca esta fin de semana en Galicia. 

[17:31:00] ‘Murguía, un século despois’

 

Henrique Rabuñal percorre neste libro publicado por Laiovento a biografía cultura, intelectual e ideolóxica de Manuel Murguía, un século despois do seu pasamento.
Murguía foi unha figura clave na construción cultural e política de Galicia na segunda metade do século XIX e primeiro presidente da Real Academia Galega. 

 

[20:45:00] “Manuel Murguía está vivo na súa mensaxe e no que representou”

O académico Ramón Villares revisa a figura de Manuel Murguía na apertura dos actos do centenario de Manuel Murguía

[17:49:00] Premios, estreas e rodaxes

 

Andrea Villa repasa o palmarés galego nos premios Feroz, anúncianos a estrea da curta Aquí está Carme, de Anxos Fazáns, e debulla o que deron de si as residencias Play Doc, en que cineastas de toda España traballaron nos seus próximos proxectos. 

 

[17:31:00] ‘Xogo de espellos’, orquestra e electrónica para adolescentes

 

O pianista e compositor Javier Otero Neira preséntanos este proxecto didáctico en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia. ‘Xogo de Espellos‘ son concertos para piano, electrónica e orquestra pensados para público adolescente. O Auditorio de Galicia acolle actuacións para centros escolares os días 2 e 3 de febreiro e un concerto para público familiar o bado 4.

 

Pin It on Pinterest