Diario Cultural

[17:50:00] Mattria, a galería de arte dunha galega en Milán

 

Mónica Maneiro fálanos hoxe de Matria, unha galería de arte que abriu en Milán a galega Liana Solís. Conversamos con esta fotógrafa coruñesa.

 

[17:31:00] ‘Antroido cascarilleiro’, un documental de Omar Rabuñal

 

Omar Rabuñal retrata nunha peza documental o pasado e presente do Entroido coruñés, un carnaval urbano e popular con influencias moi diversas e espírito crítico e transgresor.
‘Antroido cascarilleiro. Dende Elviña a Monte Alto’ estréase o martes 31 de xaneiro na Filmoteca de Galicia. Conversamos co director e co historiador Xosé Alfeirán, unha das voces do filme. 

 

[10:50:00] ‘Azucre’, unha viaxe histórica e literaria da man de Bibiana Candia

‘Azucre’, unha viaxe histórica e literaria da man de Bibiana Candia ata a inmigración galega en Cuba no século XIX. Comentámola con Dolores Vilavedra. 

[10:32:00] Un feixe de creatividade no YouTube en galego

Os premios Youtubeiras deixaron unha chea de nomes e contidos que paga a pena seguir no YouTube en galego: Toxío foi a mellor canle; Neeumátiko, o mellor youtubeiro; Histérikas Histórikas youtubeiras revelación; Pingando foi premio pioneiro e Falemos do Reino de Galicia premio á calidade lingüística. Pero estes son só algúns exemplos de contidos en galego, especializados e de calidade que se están facendo no YouTube e noutras redes.

Hoxe no Diario cultural falamos de dous destes proxectos. En primeiro lugar, de Neeumatiko, a canle persoal de Nee Barros, que foi o mellor youtubeiro do 2022, e onde fala de literatura galega e temáticas LGTBIQ+. Por outra banda, coñecemos Falemos do Reino de Galicia, a serie web documental que presenta o doutor en Historia Carlos Lixó.

 

 

[20:49:00] “Que a propia obra sexa obra, que non necesite comunicar nada”

Manuel López Rodríguez fala de Baixo a terra. No ar, o libro co que gañou o X Premio Manuel Lueiro Rey e que publica Edicións Xerais


Pin It on Pinterest