Diario Cultural

[17:44:00] Arte sonora arredor da Vaca de Fisterra

 

Mónica Maneiro fálanos hoxe de arte sonora do fío dun encontro sobre a Vaca de Fisterra, a bucina do faro, que enmudeceu nos anos 90.
O Concello de Fisterra acolle este venres o encontro ‘Paisaxe sonora e memoria dunha bucina de néboa‘, onde participan os artistas sonoros Xoán Xil e Berio Molina e mais a fisterrá Amada Traba, profesora da Uvigo e filla de fareiro. 

 

 

[17:31:00] ‘Samsara’, de Lois Patiño, terceira longa galega na Berlinale

 

O cineasta Lois Patiño fálanos de ‘Samsara’, a longa que estreará o 20 de febreiro na sección Encounters da Berlinale. Rodada entre un templo budista de Laos e nunha granxa de algas en Zanzíbar, o filme segue o ciclo budista da morte e reencarnación e propón unha experiencia de meditación e introspección no cine, que poida mesmo desfrutarse cos ollos pechados. 

 

[10:50:00] ‘Radiante’, o fulgor da escrita de Manuel Darriba

Dolores Vilavedra fai unha lectura do novo poemario de Manuel Darriba, ‘Radiante’, un libro cheo de imaxes esplendorosas e poemas que parecen non ter fin. Pero que non te engane o título, non é ouro todo o que reloce.

[20:45:00] A editorial Sushi Books publica a edición galega da novela ‘As aventuras de Huckleberry Finn’

A histórica novela de Mark Twain xa está dispoñible na nosa lingua coa tradución de Moisés Barcia

Pin It on Pinterest