Diario Cultural

[17:49:00] Cerámica en arqueoloxía

Mario César Vila repasa a historia da cerámica, un material que acompaña a humanidade desde o Neolítico

[17:31:00] ‘A rabia’, unha curta na carreira para os Mestre Mateo

 

Conversamos con Alberto Díaz López, director e coguionista de ‘A rabia’, unha curtametraxe sobre as difíciles circunstancias dunha familia de labradores de finais do século XIX desde a perspectiva dunha nena. Protagonizan o filme María Vázquez, Xosé Antonio Touriñán e Antonio Durán Morris. ‘A rabia’ é unha das 30 curtametraxes que participan na primeira fase de votacións para os premios Mestre Mateo. 

 

[17:51:00] Coñecemos con Andrea Villa dúas óperas primas: As neves e SICA

Andrea Villa preséntanos as novidades do cinema galego. Neste caso, dúas ficcións que son as primeiras obras das súas autoras. En primeiro lugar, o filme As Neves de Sonia Méndez, producida por Cósmica Producións; e, en segundo lugar, SICA, dirixida por Carla Subirana e producida desde Miramemira.

[17:30:00] ‘HEDRA’, o novo traballo de Mou

O artista Mou acaba de publicar ‘HEDRA’, o seu novo traballo en solitario. Un álbum no que se respira unha clara esencia do hip hop dos 90 e unha atmosfera ligada á terra e ao espazo. Un disco no que colaboran High Paw, Boyanka Kostova, ou Sokram e Jamas de Dios Ke Te Crew.

[10:31:00] ‘Os batismos da meia noite’, retratos dunhas montañas entre a realidade e a lenda

O X Premio Galicia de Fotografía Contemporánea xa se pode ver exposto en Lugo, no pazo de San Marcos. Unha mostra de fotografías entre a realidade e a ficción, que nos fala moi ben do lugar que representa, o Alto Minho, a fronteira entre Galicia e Portugal e todo o seu folclore.

Falamos de feitizos, de xente que fala cos mortos, rituais, aparicións… Todo isto está pasando na Serra da Peneda, e ata alí foi o fotógrafo valenciano Joan Alvado para retratalo en ‘Os batismos da meia noite’.

 

 

 

Pin It on Pinterest