Letras Galegas

Entrevista ao director do Museo do Pobo Galego, Clodio González

No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, Ana Romaní entrevista ao dircetor do Museo do Pobo Galego, Clodio González.

Clodio González fai un repaso da época estudantil de Fraguas, primeiro en Pontevedra e posteriormente en Santiago, para logo centrarse na súa labor de mestre na Estrada, nos anos da represión franquista nos que perde a cátedra, na recuperación de praza en Lugo e na súa labor ao fronte do Museo do Pobo Galego: o gran proxecto etnográfico de Fraguas.

Entrevista ao historiador Adolfo de Abel Viela

No marco da programación especial das Letras Galegas 2019, María Solar entrevista a Adolfo de Abel Viela, historiador lucense e biógrafo e amigo de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas licenciouse en 1928 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e dende entonces comezou a dar clases na Universidade ata que conseguiu a cátedra na Estrada. Alí impartiu clases dende 1933 ata 1936, ano noq ue perde a cátedra por ser militante do partido galeguista.

Adolfo de Abel Viela repara nesta entrevista nos anos nos que Fraguas recupera a cátedra e é profesor titulado en Lugo, uns anos ao que o homenaxeado ds Letras Galegas chamaba ‘os anos da liberdade’.

Entrevista á escritora Malores Villanueva

No marco da programación especial das #LetrasGalegas2019, María Solar entrevista a Malores Villanueva, autora da biografía de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas naceu nunha casa labrega en Cotobade no ano 1905. O seu papel foi fundamental para poñer en valor a cultura galega, recuperar tradicións e crear pontes co noso pasado e raíces.

Cando chegou o instituto, Fraguas non dominaba o castelán que falaban os seus profesores e compañeiros. Iso espertou nel un orgullo polas súas raíces, lingua e cultura.

En Compostela comeza a frecuentar o Seminario de Estudos Galegos, entra nas Irmandades da Fala e rodéase de xente moi preocupada por Galicia e polo galego.

Coa sublevación fascista de 1936 comeza unha etapa moi escura da que Fraguas nunca lle gustou falar. Nese silencio dedicouse a investigar e escribir, mais nunca deixou de loitar por recuperar a historia e etnografía do pobo galego.

Fraguas nunca deixou de ser mestre, tanto dentro como fóra das aulas, para transmitir as tradicións, os xogos populares e os oficios propios da Galicia rural de comezos de século. Coñecemento do noso pasado que quedou plasmado para sempre na súa obra.

Pin It on Pinterest