Letras Galegas

‘Canta, miña pedra, canta’ en homenaxe a Antón Fraguas

O músico Xoán Curiel está a presentar o libro disco ‘Canta miña pedra canta’ baseado na vida e na obra de Antón Fraguas. Nel recolle 11 cancións inspiradas en cantigas do Cancioneiro de Cotobade co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

‘Canta miña pedra canta’ está editado por Galaxia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe falamos coo músico Xoán Curiel que está a presentar o libro disco ‘Canta miña pedra canta’ baseado na vida e na obra de Antón Fraguas. Nel recolle 11 cancións inspiradas en cantigas do Cancioneiro de Cotobade co obxectivo de dar a coñecer aos máis cativos a vida e a obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

E na colaboración desta tarde, Alba Cid preséntanos o poemario ‘Feliz idade’ de Olga Novo e editado na colección Tambo de Kalandraka.

Podcast do ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza a 14ª Edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. En total dezaseis filmes de dez nacionalidades diferentes participan na sección oficial dunha mostra na que tamén poderemos desfrutar de cinema doméstico. E para coñecer todos os detalles, nesta Edición do Diario Cultural falamos coas directora da MICE, Ana Estévez. 

Tamén achegámonos á presentación da reedición do libro “De tempo e dos astros”, de Antón Fraguas, que edita Galaxia no marco da celebración do Día das Letras Galegas e, por último, falamos do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a programación das Letras Galegas 2019, que este ano homenaxean a Antón Fraguas. Falamos con Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, a institución que elixe ao autor de cada edición.

Imos tamén ata o Centro Galego de Arte Contemporánea, que inaugura hoxe a exposición Homeless, da artista galega asentada no Reino Unido Ángela de la Cruz.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe presentamos o Festival Atlántica, con 84 funcións e preto de 30 artistas. Neste espazo cultural tamén homenaxeamos o autor Antón Fraguas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Antonio Fraguas será o homenaxeado das Letras galegas 2019. Nas súas publicacións recolleu as tradicións, festas e mostras da cultura galega para evitar que o paso do tempo esquecera o seu valor.

Neste ano están previstas varias publicacións biográficas e un recompilatorio de cancioneiros da man da Editorial Galaxia.

Antonio Fraguas será o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019

O escritor Antonio Fraguas será o protagonista das Letras Galegas 2019. Neste espazo cultural recordamos a súa vida e obra con Malores Villanueva, autora da biografía que vai publicar a Editorial Galaxia.

Antonio Fraguas dedicou a súa vida ao ensino e estudo das nosas raíces e da cultura popular. “El era moi consciente de que o mundo no que el nacera cambiaba de forma moi rápida, así que recolle moito material etnográfico ao ver que ese mundo que coñecía ía desaparecendo”, explica Malores.

Antonio Fraguas recollía na súa libreta os xogos populares, as tradicións e as festas. “A súa obra é divulgativa, así que todos podemos acceder a ela”, recorda Malores Villanueva, quen recomenda empregar os seus traballos na escola.

Pin It on Pinterest