PodCast

Podcast Diario Cultural 14:45

Festival Catropezas, construído a partir dos valores da resistencia e do fracaso. A súa linguaxe experimental é o resultado dun traballo sólido, disciplina e experiencia. Trásate dun evento que combina a danza con outros xéneros. Hoxe comeza coa peza ‘Piedra’ da compañía Cielo Raso, que será seguida por obras como ‘Heartbeat’ de Sandra Gómez e ‘Sempreviva. A raíz da casa’ de Arraiana que se poderán ver nas vindeiras semanas.

Neste Diario Cultural tamén falamos de ‘Intersección. Encontro Internacional de Arte Audiovisual’, un espazo que entende a arte desde os formatos libres e a creación audiovisual nun sentido amplo. A obra de Ignacio Pardo, pioneiro do chamado videoarte, é un das protagonistas deste encontro.

Podcast Diario Cultural 10.30

Entrevista a Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica da Coruña, sobre a actuación da violinista granadina María Dueñas esta noite ás 20.30 no Palacio da Ópera. Neste espazo tamén entrevistamos a Iván Gómez, un dos organizadores do Castañazo Rock. Como cada venres, chega Montse Pena con recomendacións literarias.

 

 

 

 

 

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia e mostra “Sonoro empeño”.

 

Podcast Diario Cultural 10:30

“A morte no Neolítico: Os primeiros enterramentos monumentais en Galicia”, de Patricia Mañana-Borrazás, e “A morte na Galicia Romana”, de Ana Suárez Piñeiro.

 

Podcast Diario Cultural 17:30

A cambadesa afincada en Ourese, Paula Chaves, “Pauliña”, saca novo disco que se titula “De – xeneración”. Presentación en Lugo do documental “Benvidas ao club”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Novembro é sinónimo de cine en Compostela dende hai máis de 30 anos. Cineuropa reafirma un ano máis a súa función social e democratizadora. “É un festival do público, do cine como función social”, explica o director José Luis Losa. Este ano, un dos eixes do festival é a defensa do cine libre e sen mordazas. O ano pasado, máis de 25.000 persoas gozaron de Cineuropa.

Esta edición conta cun ciclo dedicado a mulleres experimentalistas de América Latina e outro ao redor do aniversario do cine romanés. Tamén estarán presentes os últimos traballos de realizadores galegos como ‘Trote’ de Xacio Baño e ‘Hamada’ de Eloy Domínguez Serén.

Podcast Diario Cultural 10:30

Viaxamos ata a exposición ‘Sonoro empeño’ para descubrir a creación de pinturas auditivas e músicas visuais na sede de A Fundación da Coruña. Tamén falamos de teatro con Roberto Pascual.

 

 

 

 

Podcast Diario Cultural 17:30

Presentación en Lugo do documental “Benvidas ao club”

Poscast Diario Cultural 14:45

Falece o dramaturgo Gustavo Pernas, unha das figuras máis importantes do teatro galego. O seu legado permanecerá por sempre na historia de Galicia. Hoxe recordamos as súas pezas teatrais e homenaxeamos a súa vida e obra. Foi director, actor, guionista e docente, ademais de crear a súa propia produtora xunto a Ánxela G. Abalo.

Todo comezou en Viveiro no 1959. Máis tarde, o teatro chegou a el nos tempos da universidade en Compostela. Na década dos 80 comeza a traballar de forma profesional no mundo do teatro. “Unha persoa comprometida co teatro”, “cada peza de Gustavo era unha descuberta”, así o recordan as persoas do seu entorno.

Podcast Diario Cultural 10:30

Gustavo Pernas foi unha figura esencial nos inicios do teatro profesional en Galicia. Foi escritor de teatro, actor, director, guionista e docente, ademais dun gran intelectual das artes escénicas. A súas obras recibiron un gran número de galardóns e forman parte da historia máis prezada do teatro galego. “É unha gran perda para a linguaxe dramática contemporárea de Galicia”, asegura o noso colaborador Roberto Pascual.

Este mércores celébrase no Auditorio de Galicia de Santiago a Gala Ari(T)mar coa participación de grandes artistas e entidades de recoñecemento internacional como Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal-Galiza. O obxectivo é romper a fronteira entre Galicia e Portugal e fomentar a literatura, a música e a cultura compartida.

Pin It on Pinterest