PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Paulo Nogueira Santiago presenta o seu novo libro ‘A nobreza galega na Idade Moderna’. Luis Miguel Crespo comenta ‘Nunca te rendas’, o concerto desta semana da RFG.

Ailá: “O tempo de pandemia foi moi creativo”

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional festiva de transmisión oralque intenta transmitir esa enerxía universal feita de raíces e de vento. Tamén é unha proposta semántica para darlle nome a esa expresión emocional que ten a música e o baile galegas.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

“Ailá” é unha proposta inspirada na música tradicional festiva de transmisión oralque intenta transmitir esa enerxía universal feita de raíces e de vento. Tamén é unha proposta semántica para darlle nome a esa expresión emocional que ten a música e o baile galegas.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

O MOV é o primeiro museo exclusivamente virutal de España. Trátase do novo proxecto impulsado por parte da área de arte da Fundación María José Jove.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Emma Pedreira dialoga con Laura Romero sobre Xela Arias en ‘Palabra á intemperie’. Rut Balvís fálanos de ‘Clásicas desfeitas’ na súa colaboración de Artes do Movemento.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Como cada ano por estas datas (e xa hai cinco!), o certame Enreguéifate comeza a súa andaina á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. Nesta ocasión, faino ademais coa recente boa nova de ter recibido o Premio Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) ao mellor proxecto estabilizado.

O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal.

Ademais, Emilio Españadero ensinará as novidades máis importantes da música de raíz, que para nada son poucas.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

O pintor Vicente Prego móstranos o seu diario no que conta o día a día da súa vida pero non con palabras; con brochazos, arañazos e cousas máis inesperadas no taller dun artista. Helena Soto visitou a mostra na Galería Os Catro Gatos de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Presentación da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico no Museo do Pobo Galego. Armando Requeixo recomenda a lectura de ‘A afogada’, de Rocío Leira.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Falamos con Pepe Carballude sobre a súa nova novela ‘A pintora libertaria’. Ademais, Rosario Sarmiento fálanos sobre Joan Miró.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Regresa Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, cunha cuarta edición adaptada ao contexto actual

Pin It on Pinterest