PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello. 

Tamén temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe ten lugar a Xornada ‘Pensar con Orgullo’ no Consello da Cultura Galega. Un debate aberto e plural  con diferentes especialistas nos estudos queer e LGBTIQ promovido pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Coñecemos os detalles con Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Vigo e que falará da “identidade desde o desexo”.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos os últimos achados da Cova Eirós. No tempo de literatura falamos con Armando Requeixo de libros recomendados.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural coñecemos o cartaz deste 2019 para o festival +Que Jazz que se vai celebrar na Coruña do 3 ao 20 de xullo.

Tamén falamos con Angélica Sátiro, pedagoga brasileira que inaugura na Fundación Luis Seoane a exposición dedicada ao proxecto filosófico ‘El jardín de Juanita’, unha iniciativa internacional centrada na formación ecolóxica. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza o Galicia Escena Pro, a feira de artes escénicas de Santiago de Compostela chega a súa sétima edición coa organización comaprtida da Xunta de Galicia e o colectivo Escena Galega. Coñecemos todos os detalles co director de AGADIC, Jacobo Sutíl; Belén Pichel de Escena Galega e Pilar Portela, programadora do Pazo de Cultura de Pontevedra e Presidenta do colectivos de xestores galegos.


Tamén coñecemos o cartaz do +QueJazz 2019. Un festival que chega a súa sexta edición na Coruña.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Central Folque publica ‘Sindo de Olelas. Concertina galega’. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:15

Neste programa coñecemos o novo disco de Genís Segarra e Carlos Ballesteros, Hidrogenesse, titulado ‘Joterías bobas’.

Tamén temos colaboración musical con Matías Tarrio.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Neste Diario Cultural falamos con Amador Castro, Premio Xerais de Novela 2019 por ‘Shangai a Barcelona’ e coñecemos tamén as obras gañadoras do Jules Verne e Merlín.

Tamén coma todos os domingos, colaboración de ciencia con Manuel Vicente

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe coñecemos a Galicia Escena Pro que se vai a celebrar en Compostela dende o vindeiro luns 10 de xuño ata o xoves. Trátase da sétima edición dunha feira de artes escénicas na que se exhibirán 20 espectáculos, 17 deles galegos.

E tamén coñecemos a Xornada de Clubs de Lectura que se celebran na Escola Galega da Administración Pública.

E coma todos os venres, colaboración de audiovisual con Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A ópera ‘Tosca’, de Puccini, chega a Compostela o vindeiro domingo. No tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena falamos de libros para coñecer un pouco mellor o planeta.

Pin It on Pinterest