PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

A Irmandade da música galega recupera a Manuel Martí. Cúmprense 200 anos do nacemento deste pianista e compositor en Vigo e mañá homenaxearano en Rianxo. Do concerto e da historia de Martí falamos coa pianista e musicóloga Margarita Viso.


Balance escénico do ano 2019. Capitulo I. Roberto Pascual repasará este mes o que considera máis significativo do ano escénico en Galicia. Neste primeiro capítulo achégase a ‘Faniña’ e á forma de traballar de Ainé Producións e amosa a súa preocupación e a do sector pola situación do Centro Dramático Galego.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

O Fanzine Fest xunta máis de 20 artistas na Coruña. A electrónica de vangarda no centro do festival que se celebra no Planetarium, a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón ou a sala O Túnel entre o 5 e o 7 de decembro. No cartel The Horrorist, Levon Vicent, Galaxian ou Fasenuova.

A novela curta ‘B.S.O’ de Pablo Nogueira publicada por Fervenza e o epistolario ‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez en Alvarellos. Centran a colaboración semanal de Armando Requeixo. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Conversamos con Óliver Laxe despois das 4 nominacións de O que arde nos Premios Goya:

Mellor filme, Mellor director (Óliver Laxe), Mellor fotografía (Mauro Herce) e Mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez)

Podcast do Diario Cultural das 10:30

A que cheiran as cores? Galaxia publica unha guía para coñecer o cerebro do neurocientífico Juan Casto Rivadulla. Unha obra da colección Lanterna de Aristóteles que coordina Luísa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. 

A estrea da ópera galega ‘O loro de Carlos V’ no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo. O Teatro Colón e a compañía Favola in Musica producen esta ópera que se estrea o 5 de decembro. Conta con música e  libreto de Nani García que tamén nos acompaña na conversa.

Pin It on Pinterest