PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

A compañía Teatro da Ramboia estrea “O meu mundo non é deste reino” no Auditorio de Ourense. Na colaboración de Tito Lesende falamos das últimas novidades musicais.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

En 1880, publícase Follas Novas na Habana. Falamos da serie Pra Habana de Rosalía de Castro. Neste Diario Cultural tamén entrevistamos a Lois Alcayde Dans, autor de Os jeans de María.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

‘As librarías tócannos’ é o lema co que este 8 de novembro se celebra o Día das Librarías. Desconto do 5% , actividades literarias e un certame nas redes sociais centran a celebración. Falamos coa presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, 
O Festival Cineuropa e as estreas da semana con Begoña Vázquez.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Falamos do programa Sumidoiros, da Sala Ingrávida e do espectáculo FARTS, da nova compañía Pornós Teatro.

Corpo, pel e gravidade. A artista e deseñadora Sara Coleman interven a Fundación RAC de Pontevedra coa exposición ‘A cuarta pel’.

Pin It on Pinterest