PodCast

Podcast Diario Cultural das 10:30

Escoitamos a música do theremin con Paulo Pascual Castro, un dos poucos músicos que saben tocar este instrumento. Como cada mércores, teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos co coordinador do equipo Sputnik Labrego, Carlos Tejerizo, sobre o descubrimento de pintura esquemática prehistórica en Casaio. Ademáis escoitamos un novo capítulo da nos alaretada con Pepe Barro e o noso colaborador Miguel Crespon achéganos a música clásica a través da inteliexencia artificial.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Comeza o ensaio de ‘Neoretranca e posmorriña’, a nova produción do Centro Dramático Galego. Unha obra que naceu no obradoiro de escrita teatral con Manuel Lourenzo.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Kiko da Silva cóntanos os últimos proxectos galegos en banda deseñada. Falamos con el sobre a situación da cultura do país. Como cada martes, chega o tempo de literatura con Armando Requeixo. Nesta ocasión recoméndanos dúas novelas publicadas por Isaac Xubín e Xesús Constela.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Falamos con Javi Maneiro sobre o seu segundo disco en solitario titulado “Acaricia mis arrugas”. Tamén comezamos un novo capítulo das nosas laretadas co diseñador gráfico Pepe Barro e coma todos os luns falaremos de arte coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento que nos trasladará ata Cuba.

Podcast Diario Cultural das 14:45

A situación das mulleres na carreira científica é o tema central deste Diario Cultural. Tamén falamos co artista plástico Isidoro Valcárcel Medina.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Os trabalinguas son unha mostra da tradición oral de Galicia. A Editorial Galaxia publica Non trabes a lingua, de Antón Cortizas, a partir da iniciativa dun colexio mugardés. Como cada luns, falamos de música de raíz con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural das 14:15

Falamos do discurso feminista de Bikini Kill na volta aos escenarios da banda 22 anos despois do seu último concerto. Tamén estaremos con Cibrán Tenreiro nunha nova entrega de “Un tema é un tema”.

Podcast Diario Cultural das 9:30

Loreto Martínez Troncoso inaugura no Centro Galego de Arte contemporánea ‘Vestiges d’un ici, vestixios de si’. Ademais, na colaboración científica de Manuel Vicente falaremos de goblos sonda, radioactividade e ‘NOSA’ a primeira Axencia Espacial Escolar Galega

Podcast Diario Cultural das 9:30

Nuria Sotelo presenta no festival Escenas do Cambio o proxecto cultural ‘A casa vella’ que desenvolve en Allariz. Amais, Anabel Gago fala da súa participación na performance de Esther Ferrer ‘Vouvos contar a miña vida. E coma cada sábado,  Carlos Ares ponnos ao día co audiovisual galego.

Pin It on Pinterest