PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Real Filharmonía de Galicia ofrece hoxe un concerto no que interpretará a ‘Suit sinfónica Nº1’ do compositor galego Eduardo Soutullo. Unha interpretación dun anaco de 15 minutos da ópera ‘Romance de lobos’. Falamos co compositor Eduardo Soutullo e tamén, sobre o Galicia Escena Pro, con Marta Núñez, técnica de cultura do Concello de Vigo que estivo na comisión da selección dos proxectos Pitchin; e Juan Rodríguez, facilitador nos proxectos que se presentaban ao mercado galego das artes escénicas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Tradúcese ao galego Pippi Mediaslongas, da man de David Álvarez en Kalandraka. No tempo de cine, as últimas estreas con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Xunta acorda co Vaticano que o seu ‘Códice Calixtino’ e o ‘Cancioneiro da Vaticana’ se exhiban por vez primeira en Galicia dentro dunha mostra internacional polo Xacobeo de 2021. As obras exporanse na Cidade da Cultura.

Falamos co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; e tamén coñecemos o concerto benéfico da agrupación Son Futuro da Orqeuesta Sinfónica de Galicia.

E temos colaboración con Carlos Portela de banda deseñada.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe estase a levar a cabo a xornada “Mulleres e antropoloxía en Galicia”, do Consello da Cultura Galega, quw aborda os estereotipos que hai detrás do concepto de “muller galega”.  Unha das coordinadores deste encontro é Nieves Herrero, profesora de Antropoloxía Social da USC, que impartirá a charla “A muller galega, construción e crítica dun estereotipo”.

Tamén coñecemos o novo poemario de Chus Pato titulada ‘Un libre favor’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos dous espectáculos do mercado galego das artes escénicas: Pink Unicorns, de La Macana; e Evolution, de N+1. Como cada mércores, temos colaboración de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello. 

Tamén temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe ten lugar a Xornada ‘Pensar con Orgullo’ no Consello da Cultura Galega. Un debate aberto e plural  con diferentes especialistas nos estudos queer e LGBTIQ promovido pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Coñecemos os detalles con Beatriz Suárez Briones, profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Vigo e que falará da “identidade desde o desexo”.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos os últimos achados da Cova Eirós. No tempo de literatura falamos con Armando Requeixo de libros recomendados.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural coñecemos o cartaz deste 2019 para o festival +Que Jazz que se vai celebrar na Coruña do 3 ao 20 de xullo.

Tamén falamos con Angélica Sátiro, pedagoga brasileira que inaugura na Fundación Luis Seoane a exposición dedicada ao proxecto filosófico ‘El jardín de Juanita’, unha iniciativa internacional centrada na formación ecolóxica. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza o Galicia Escena Pro, a feira de artes escénicas de Santiago de Compostela chega a súa sétima edición coa organización comaprtida da Xunta de Galicia e o colectivo Escena Galega. Coñecemos todos os detalles co director de AGADIC, Jacobo Sutíl; Belén Pichel de Escena Galega e Pilar Portela, programadora do Pazo de Cultura de Pontevedra e Presidenta do colectivos de xestores galegos.


Tamén coñecemos o cartaz do +QueJazz 2019. Un festival que chega a súa sexta edición na Coruña.

Pin It on Pinterest