PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hai moitas formas de achegarnos ao noso pasado e unha delas é a través da arte. Hoxe inaugúrase en Lugo unha mostra de pintura que nos leva directamente á Roma e á Gallaecia do tempo dos grandes emperadores. Falaremos co artista, Alfredo Erias, que ata fai pouco ocupaba o posto de director do Arquivo, Biblioteca e Museo das Mariñas de Betanzos, e que sempre tivo moito interese na pintura histórica.

E despois teremos no estudio a Armando Requeixo coa súa lectura da semana, que é ‘A música das palabras. De lingua e literatura’, unha obra póstuma de Darío Xohán Cabana.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Onte entregáronse na Coruña os premios María Casares. A peza máis premiada foi Cigarreiras de Contraproduccións, pero ata 9 pezas levarón algun galardón. Falamos con eles.

E despois teremos a Montse Pena Presas para falarnos de literatura infantil e xuvenil, hoxe coa súa lectura de ‘Curros and Holmes no misterio do Kapital’ de Marcos Calveiro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos a unha convidada de excepción, a primeira persoa en gañar tres premios Lazarillo de Literatura infantil e xuvenil. Ledicia Costas é unha mestra das palabras e hoxe quixemos tela no Diario para darlle os parabéns e para gozar duns minutos no micro con ela falando de mortos e de libros.

E despois teremos a Moncho Lemos para falarnos de cine e por suposto dar conta da estrea de Live is Life de Dani de la Torre.

Pin It on Pinterest