PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Tempo para recuperar un gran clásico da literatura galega e española, como é ‘En las orillas del Sar’ de Rosalía de Castro. Temos nas mans unha edición facsimilar fermosísima que nos chega desde a editorial Alvarellos, e que reproduce o orixinal publicado en 1884.

E despois temos a Roberto Pascual para falarnos de Continente Maria, unha obra na que Melania Cruz conversa con Maria Casares.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos ir ata Ourense, e o bo é que o podemos facer de maneira presencial ou virtual, porque temos as dúas opcións para visitar a Bienal de Pintura Joven. A mostra está organizada pola Fundación Cum Laude, para artistas entre 18 e 35 anos, e están xa coa séptima edición.

E despois teremos a Armando Requeixo, que hoxe nos fai falar do novo libro de Diego Giráldez, ‘O meu sangue’.

Néboa preséntannos o seu EP ‘Fósforo’

O grupo Néboa acaba de editar ‘Fósforo‘, un EP de cinco cancións que chega ano e medio despois do disco que os deu a coñecer, ‘A realidade enganosa’. Falamos con Lucas de Centi, o principal compositor do grupo, e con sús, a vocalista portuguesa que colabora coa banda. Néboa actúan o 10 de xuño na Fábrica de Chocolate de Vigo.

Pin It on Pinterest