PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos a un convidado de altura, ao escultor de Cambados Franciso Leiro, que inaugura exposición no museo MARCO de Vigo. E a primeira vez que expón neste lugar, e farao cunha serie que se chama ‘O antropomórfico’, e que está baseada precisamente nas peculiaridades do espazo do MARCO. Falaremos con el sobre esta mostra, o regreso a Vigo e a súa forma de traballar. E despois, momento para a literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas nesta previa do dia do libro.

Árbores senlleiras ás escuras

Galería Luisa Pita de Santiago acolle a exposición fotográfica ‘Senlleiras‘, unha recompilación de 14 instantáneas tiradas por Juan Adrio. Nas imaxes aparecen árbores senlleiras retratadas pola noite.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No diario imos a un espazo no que de por si hai moita arte, da máis importante da historia de Galicia, como é o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Pero entramos alí, non tanto pola obra do Mestre Mateo, senón pola de David Planas. A súa reinterpretación do apostol poderase ver un tempo en diálogo co Santiago do Pórtico, e nós estamos en diálogo co artista.

E despois, momento para o teatro con Roberto Pascual, que estivo no estrea de ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, e nos conta todos os detalles.

Abstracción e figuración na pintura de Romero Masiá

A Casa do Cabido de Santiago de Compostela acolle a exposición ‘Romero Masiá, pintor en compostela. Abstracción e figuración’. Falamos co autor das obras da mostra, Rafael Romero Masiá.

Pin It on Pinterest