PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos música 100% feita por mulleres porque xa está aquí unha nova edición de Elas Son Artistas, o ciclo metropolitano pola igualdade na música e nas artes. Arranca este sábado 23 entre Oleiros e A Coruña, porque ademais este ciclo ten como escenarios 9 concellos da área metropolitana da Coruña, por onde estarán actuando todo tipo de artistas femininas ata decembro. Falamos con Bea Camiña, unha das directoras, para que nos conte máis desta quinta edición.

E despois, momento para a literatura con Armando Requeixo, que nos comenta ‘Anoitece en Vulgaria’ de Jorge Emilio Bóveda.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Seguimos celebrando o ano Laxeiro nas artes galegas, pero desta volta centrándonos na súa etapa arxentina. Desde 1950 ata 1970, Laxeiro estivo vivindo en Bos Aires, rodeado de toda a galeguidade arxentina, e a súa pintura viuse moi influenciada polos aires cosmopolitas e abertos da cidade. A súa obra deses 20 anos está reunida nunha mostra que se chama ‘Foi un home. Laxeiro en América’, e que podemos ver en Lalín no Museo Ramón María Aller. Falamos co seu comisario, Carlos L. Bernárdez.

E despois, momento para a poesía con Alba Cid, que nos comenta ‘Palmeiras, piueuros’, o novo poemario de Anxo Angueira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un programa moi teatreiro. Xa sabemos que os mércores temos por aquí a Roberto Pascual, o noso crítico de teatro, que hoxe nos vai falar dun texto moi especial que é ‘Identidade’ de Nee Barros.

Pero para comezar temos de convidados a Marta Pazos e Xosé Manuel Esperante, directora e actor da nova obra do Centro Dramático Galego, que é ‘Ás 8 da tarde, cando morren as nais’, un texto de Avelina Pérez. Comezamos escoitando o principio.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe no Diario Cultural recordamos ao poeta, catedrático e ensaísta Arcadio López Casanova, que faleceu onte en Valencia, onde era catedrático de Literatura Española. O poeta lugués foi un dos renovadores da poesía dos anos 70, membro de honra da Real Academia Galega e ademais un destacado estudoso de teoría da literatura. Unha referencia para moitos, que hoxe recordamos aquí con convidados que o coñeceron ben, como Víctor Freixanes, Ramón Nicolás e Luis G. Tosar.

E para rematar, a literatura que nos receita cada martes Armando Requeixo, que hoxe ven falar de ‘Aldea Buxán’, o libro de Francisco Alvarez Koki.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un programa moi mediterráneo. Comezamos coa poesía do máis grande poeta helénico, Konstandinos Kavafis, porque se acaba de publicar unha tradución da súa poesía completa. Falamos co tradutor, Miguel Angel Areses Martín.

E despois, continuamos navegando polo mediterraneo, de Alexandría a Italia, porque o noso colaborador Luis Miguel Crespo falaranos da obra de Giuseppe Verdi, o gran compositor da reunificación italiana.

[17:30:00] ‘Segmento Cantábrico’, primeiro disco en solitario de Ugia Pedreira

Ugia Pedreira publica o seu primeiro disco en solitario, ‘Segmento cantábrico’. A que fora compoñente de proxectos tan relevantes na música galega como Marful, Chouteira ou Nordestinas asina co seu apelido, A Pedreira, este traballo de folk progresivo que mestura canción e spoken word e que inclúe o poemario Atalaia Norte

Pin It on Pinterest