PodCast

Podcast Diario Cultural 14:45

O proxecto ‘Terra e Memoria’ compila nun portal web un traballo de investigación sobre a Historia de América realizado durante décadas. O proxecto realizouse a partir de máis de 2.000 entrevistas como material principal. A temática é moi variada, dende o enfoque migratorio ata o tema bélico.

Podcast Diario Cultural 10:30

Redondela publica libros escritos pola veciñanza sobre as súas parroquias, co obxectivo de conservar a tradición e a toponimia. Como cada luns, música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

Cancións clínicas: unha catarse post-punk.
Chicharrón publica con Prenom o seu terceiro disco, un traballo circular en branco, negro e vermello que se presentou en directo en Carballo. Unha ocasión para falar coa banda pero tamén para coñecer o novo centro social autoxestionado Casino 1889.

E na colaboración de Matías Tarrío, Mathew Sweet, que acaba de sacar disco e vén de xira por aquí cerca. Beck dixo un día que cando era neno pasaba moitas horas escoitando a radio esperando que soasen temas excitantes. A Matías Tarrío pasoulle algo parecido. Foi no ano 97 cando tiña 15 anos e é aí onde comeza esta colaboración: Viva Matthew Sweet!

Podcast Diario Cultural do día 9:30

Visitamos Ciclón: un espazo en Compostela dos artistas David Silva e Misha Bies Golas en que creadoras e creadores de diferentes disciplinas interveñen un cuarto durante un día e crean con 100 fotocopias unha obra que se reproduce nunha publicación coa colaboración da Axencia Gráfica. Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.

Podcast Diario Cultural 9:30

Filmes como máquinas de fomentar empatía. Coñecemos Cinema Crianza, o festival da diversidade do cinema infantil que se celebra no concello de Ames, que organizan Urdime e do que nos falan o director Marcos Nine e a coordinadora Cristina Fiaño.

Na colaboración da Academia Galega do Audiovisual o seu presidente Carlos Ares centra hoxe a atención nunha pioneira, María Luz Morales, e nos premios de investigacións aos que dá nome. Amais, lembranza ao guionista William Goldman, que faleceu aos 87 anos.

Podcast Diario Cultural 17:30

O grupo EZETAERRE estrea disco. Colaboración de Beli Martínez sobre audiovisual galego.

Podcast Diario Cultural 14:45

Hoxe é o Día do Patrimonio e descubrimos as iniciativas culturais que se desenvolverán no día de hoxe. Asociacións galegas como Mariña Patrimonio teñen previstas actividades para conmemorar a xornada.

Podcast Diario Cultural 10:30

Hoxe celebramos o Día das Librarías e descubrimos que son moito máis que espazos de venda de exemplares. Como cada venres, literatura con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 17:30

Hoxe coñecemos aos galardoados co Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.

Seguindo con premios, entrevistamos a Ánxela Gracián, gañadora do VII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, e a Pere Tobaruela, gañador da mesma honra.

Coñecemos tamén a programación musical para esta semana da man do noso colaborador Tito Lesende.

Podcast Diario Cultural 14:45

A poeta Ida Vitale gaña o Premio Cervantes 2018, converténdose na quinta muller en recibir este recoñecemento. Tamén falamos con AveLina Pérez, gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro de teatro coa peza ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’.

 

Pin It on Pinterest