PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Neste diario xa celebramos cada mércores o día da literatura infantil con Montse Pena Presas, que por suposto está hoxe comentando o novo de Ledicia Costas, ‘O neno de lume’.

Pero este sábado é o Día da Literatura Infantil, e imos ler o novo de Eva Mejuto, que é ‘Cando leo’, un libro ilustrado por Bea Gregores e que é en si mesmo unha homenaxe á lectura. Porque cando lemos, como di Eva, non hai fame nin frio.

Que pasa cando lemos? Imos descubrilo!

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Un dos certames de deseño gráfico máis importantes do mundo está impulsado desde Galicia polas bodegas Terras Gauda. É a Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón, que reune desde o 2002 aos máis prestixiosos deseñadores de todo o mundo. Xa se pode ver na Estación Marítima de Vigo os carteis que participan este ano e moi pronto coñeceremos ao gañador. Falamos coa comisaria da Bienal, María José Sánchez

E despois, a recomendación literaria que cada semana nos ofrece Armando Requeixo. Hoxe, con ‘Eu son Exeria’ de Marisa Vidal Collazo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Foi a gran noite do cine, a dos Oscars, con premio español incluido, e non podía faltar neste Diario Cultural Begoña Vázquez, a compañeira de Sala 5, para facernos o mellor resumo.

E despois temos sesión musical con Luis Miguel Crespo e a música inspirada na primavera.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Coa chegada de ‘Malencolía’, de Alfonso Zarauza, ós cines de 16 localidades galegas, e coas datas de concertos para estes días que nos trae Tito Lesende.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe co novo traballo discográfico do Trio de Narci Rodríguez, “Apollo II, Ad Infinitum” e na proxección no Festival de Cine de Málaga do documental “Onde máis doe”, de Manane Rodriguez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe o reto é non pensar nun elefante rosa. O novo libro de Antía Yáñez é a historia dunha obsesión contaxiosa. A protagonista ten un trastorno obsesivo compulsivo que marca a súa vida, pero ‘Non penses nun elefante rosa’ é sobre todo o retrato dunha xeración, a millenial, cos seus retos e obstáculos. Falamos con Antía sobre esta novela que transcorre a toda velocidade.

E para encamiñar xa esta fin de semana de Oscars, a colaboración de Begoña Vázquez co mellor da carteleira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe recordamos neste diario a un pintor de talento enorme e coa capacidade de unir artisticamente a toda unha vila como é Carballo. Este mes fixéronse 10 anos da morte de Alberto Gende, o pintor e deseñador que morreu con apenas 40 anos, e na súa vila quixeron recordalo cunha expo e un libro: ‘Alberto Gente, encher o baleiro’.

E no tempo da literatura, os mércores miramos ao lectorado máis novo coa axuda de Montse Pena Presas, que nos vai falar dun deses libros para soñar: ‘A nota’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos jazz. Desde a Estrada preséntase unha nova formación, ‘Lucia Azurmendi Grupo’. Son 6 músicos e o seu primeiro traballo, que estrean este venres é ‘Varandas’. Falamos coa cantante para que nos conte algo da hitoria do grupo.

E no tempo da literatura teremos a Armando Requeixo coa lectura de ‘Thérèse Desqueyroux’, o clásico francés de François Mauriac.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos ver como hai futuro para o galego co proxecto ‘Aqui medra a lingua’ do Consello da Cultura Galega. Metémonos en 6 institutos nos que o galego medra día a día falándoo, cantándoo, recitándoo…

E no día da Poesía non podáin faltar uns versos e para iso temos á mellor experta, a Alba Cid.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Nesta previa da gala dos Mestre Mateo queremos botar a vista atrás e mirar os 20 anos de historia dos premios e da Academia Galega do Audiovisual, que naceu no 2002. Como cambiou o noso cine nestes anos? Falaremos co actual presidente da Academia, e cun membro daquela xunta fundacional.

E dos Mestre Mateo pasamos ás artes escénicas. Colaboración de hoxe de Roberto Pascual, que nos propón un repaso polo mellor e máis recente da comedia no noso teatro.

Pin It on Pinterest